Máis socavóns en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Vinculada á licenza de obra dun edificio, foi urbanizada pola promotora a zona continuación da rúa Castelao ata a intersección coa explanada do ADIF que se utilizaba como zona de carga e descarga da Estación do FFCC e onde agora existe un gran espazo para aparcar os vehículos ben pavimentado por parte da Administrador Ferroviario en tempos do goberno anterior de Pontecesures.

Pois ben, apreciase dende hai moito tempo, un perigoso socavón na intersección de ámbolos dous pavimentos, que pode ocasionar calquera daño aos vehiculos que transitan por esta zona.

Polo exposto, ínstase a o goberno local para que xestione o arranxo inmediato desta deficiencia que está a chamar a atención moi negativamente sobre todo nos veciños da zona.

Pontecesures, 14/07/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures

Categorías: Concello

4 comentarios

Princo · 15-07-2012 a las 13:04

Con tanta foto, recordasme ao «reporteiro» que sempre conseguía sacarlle fotos a Spiderman.

Sigue asi Saba! As túas fotos, e o texto co que as acompañas son o exemplo de facer oposicion!

Luis Angel Sabariz Rolán · 15-07-2012 a las 16:57

A imaxe está aí, «Princo» e case sobran as palabras. Esperemos o arranxo da deficiencia e para isto é importante o labor da oposición. Senón che senta ben, non temos que facerlle.

cesureño · 15-07-2012 a las 17:31

O edificio ainda se esta construindo, entran camions con material e asi, que se van a arreglar os socavons ahora en dentro de 6 meses volvan a aparecer mais??, digo eu que habera que esperar a que se remate o edificio e enton hay si que haberia que adecentar toda a zona.

Luis Angel Sabariz Rolán · 15-07-2012 a las 20:24

O pavimentado da intersección da rúa Castelao coa explanada da estación, «cesureño» está aberta ao tráfico. Pouco ten que ver isto coa urbanización das rúas que ten que realizar o edificio en construcción da rúa Sagasta.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.