Roque Araújo, alcalde accidental de Pontecesures, por ausencia do titular e do 1º tenente de alcalde, Ángel Souto.
Con data 20/07/12, o alcalde de Pontecesures, Manuel Luis Álvarez Angueira, acordou delegar as súas funcións no 2º tenente de alcalde, Roque Luis Araújo Rey, entre os días 23 de xullo e 1 de agosto, (ámbolos dous días inclusive), ao ausentarse do termo municipal pola realizacións dunha viaxe, estando ausente tamén o primeiro tenente de alcalde.
En consecuencia, todo indica que o alcalde non estará presente na sesión ordinaria do pleno do vindeiro 30 de xullo.
39 comentarios
sobreiras · 23-07-2012 a las 13:14
Volve as andadas Angueira e xa pasa dos plenos, non vive aqui, non anda por aqui e agora xa non ven os plenos, pero a min cheirame que hai algun follón por aí de obras e tanto o alcalde como co concelleiro de obras Souto marchan cargándolle o morto a Roque
ven te vexo · 23-07-2012 a las 19:47
Pode ser un gran pleno. O sempre ben preparado segundo tenente alcalde e a súa resposta favorita «pois xa sabe máis ca min». Agardemos piedeade por parte da oposición que xogan coa vantaxe de saber o ben preparado que levará o alcalde en funcións o pleno. Bueno esperemos que non queira vender motos como as da subida de taxas da gardería municipal ou o favor que lles fixo aos pais non cobrandolle nin un céntimo máis do permitido por lei no servizo da comedor da mesma.
charly · 24-07-2012 a las 14:42
El gobierno local de Vilagarcía es, de los once que funcionan en el territorio de Arousa, el que más barato resulta a sus administrados. Sostenerlo le cuesta a cada vecino 3,2 euros, bastante menos que Cambados (5,1), Ribadumia (8,1), A Illa (8,9), O Grove (9,4), Vilanova (10) o Pontecesures, que se dispara hasta los 17,3 euros por cabeza.
ESTO E O QUE NOS TEN QUE IMPORTAR OS VECI?OS,(POR QUE PASA ESTO)
o resto son chorradas
o palillo · 25-07-2012 a las 14:10
que razon tes sobreiras hay mais que un follon pero aqui nadie da a cara nin os que gobernan nin a oposicion .señor Sabariz vostede que esta a todo porque non nos explica o follon do rial a todos os cesureños e que non hai dereito que facil e que uns veciños se maten entre eles e vostedes nin uns nin outros sodes capaz a meter paz que vergonza .pobre desa xente .
Luis Angel Sabariz Rolán · 25-07-2012 a las 16:46
Es al gobierno local, y no a mi, a quien corresponde dar las explicaciones de lo concerniente a la ejecución o inejecución de la sentencia del contencioso, de los documentos aportados al expediente, de la solicitud de la licencia de legalización, de los informes técnicos y jurídicos, de las resoluciones que se van adoptando, etc.. Para eso tienen responsabilidades de gobierno y para eso cuentan con los medios de asesoramiento jurídico con el fin de que se cumpla la legalidad y de que se actúe en defensa de los intereses municipales. Naturalmente, hay que permanecer atento a todo lo que está pasando, y vamos a ver como se resuelven las cuestiones administrativas y las civiles del asunto.
manolo o do bombo · 25-07-2012 a las 19:36
Que eu sepa estiveches 4 anos gobernando ,e deixaches pasar ó tempo,e que viva España que vai ben.
o palillo · 25-07-2012 a las 21:19
mire señor Sabariz da igual a quen lle pertenza a cuestion e que dous veciños non se maten entre eles ,sei que a situacion e triste pero hay xente metida no problema sen comelo nin bebelo gastando cartos sen ter porque por un problema que o concello no seu dia tiña que haber mirado pero claro os aparelladores dos concellos estan mellor sentados no concello e despois aparecen estes problemas ,para evitar esto e mellor que unha vez a semana pasen a visitar as obras que se fan no pueblo ,e non diga que van porque eu fixen unha obra na lexislatura de MARIBEL CASTRO fun para que a parelladora que estaba nese tempo viñera mirarme un problema que tiña e a contestacion dela foi que eso tiño que ver a miña aparelladora e o arquitecto da obra pareceume unha broma porque incluso mo dou por escrito se esa e parte do seu traballo porque no fan .porque e mais facil estar sentados e para que vostede non me diga digolle era para ver que as medidas de altura estaban ben para evitar problemas con todo esto as medidas xa as tomara a miña aparelladora solo era dar o bisto bueno ,xa ve vostede que responsabilida ten esta xente ,por eso lle digo que para evitar problemas e mellor levantar o traseiro do asiento e facer as cousas como dios manda
Luis Angel Sabariz Rolán · 25-07-2012 a las 22:46
Por suposto que ninguén quere que os veciños teñan conflitos entre eles. Pero non se pode dicir, «o palillo», que a culpa sempre é dos demais. Obviamente, os técnicos directores de obra dun proxecto presentado para obter unha licenza teñen responsabilidade na execución. As persoas que ti estas a culpar non fixeron a obra en cuestión.
o palillo · 25-07-2012 a las 23:22
mire señor sabriz a obligación do arquitecto é revisar que as obras que se fan sexan o que se lle aprobou na licencia se non é así , do contrario pararase a obra para evitar estes problemas. Eu non lle voto a culpa a ninguén simplemente digo que non hay dereito a vivir esta situación e que os políticos en xeral non fagades nada, xa estou cansado de oírlle sempre a misma versión , dá igual a quen lle toque xestionar , actuade polo ben deses veciños en xeral.
Luis Angel Sabariz Rolán · 25-07-2012 a las 23:37
Xa dixen moitas veces que neste tema teño que ser moi cauteloso, e non debo continuar co debate. Agora ben; cada un é responsable dos seus actos. En fin, veremos en que queda todo isto.
Anthia · 27-07-2012 a las 18:07
Bo aquí estou eu no meu primeiro post, gustaríame desplatar me un pouquiño con cousas que xa estou cansa e farta de ver, ler e escoitar.
1º- Estou FARTA de ler que se arranxamos beirarrúas (que están novas ), que se pedimos subvencións para as estradas, mentres os parques infantís dan vergoña de como están de lixos e pintadas cochas onde os nenos se supoñen que teñen o seu ocio, a piscina municipal pechadas, Motivos ?, pois non o sei. (Pero se tiramos o diñeiro nas beirarrúas, estradas….)
2º- Estou FARTA de escoitar como en plenos, foros, debates e ata contos na rúa, oposición e actual partido/s que manda/n, tíranse os trastes á cabeza, e mentres tanto, se un cidadán deste pobo, ten algún problema, no concello non está nin DEUS para que o escoite, ( xa non digo resolvelo ).
3º- Estou FARTA de que un pobo como o de Cesures, que mire primeiro polos de fóra antes que no ben propio, fago referencia a unha subvención que se pediu para o arranxo de cásaas que están fronte ao colexio para un ALBERBGE PARA PEREGRINOS, cando creo que era mellor pedir esa subvención para un comedor para o colexio, que boa falta fai, sobre todo para eses pais que traballan. O devandito ALBERGE que a día de hoxe non sei se aínda se encontrase en funcionamento. (Diñeiro mal investido pero como o deu a deputación hai que gastalo).
4º- Facendo un pouco referencia ao punto 2º, por varias veces escoitei, e tamén o vivín, como temos que pagar para sacar un empadroamento, DEUS SANTO, cando noutros concellos non os cobran, eu xa non digo que todos sexan gratis, pero señores, que estamos en crise, e para escolarizar os nosos fillos, xa deberían de ser gratis, iso sen nomear as horas de espera, perdón, corrixo, días de espera, xa que no noso concello non dispoñemos de firmas dixitais e hai que esperar que o noso querido alcalde queira regalarnos un momentiño da súa presenza para poder asinalos. E sen meternos en profundidades, do mal que o pasamos cando temos problemas e chegamos en busca do Señor alcalde e nos encontramos que non se encontra e que non o vas poder ver ata días máis tarde, que pouco menos temos que pedir audiencia coma se do mesmo presidente de goberno se tratase. (Iso si, cun pouco de sorte, nolo podemos encontrar na súa segunda oficina, o bar do lado).
5º- E para rematala, encontrámonos na actualidade cun gran problema, un é o do rial, que xa está a dar moito de que falar, e do cal eu non me vou pronunciar, e outro é o que aquí se debate, bo, disto hai pouco que decir,¿ non vos dá vergoña, pena, falar de pagas extras, coa que esta caendo?, que hai centos de familias no pobo que non chegan a final de mes, e moitos de vostedes, en xeral, dos que traballades no concello non xustificades nin o traballades ao mes, ou sexa, que para o que fan bastante cobran, e enriba temos que escoitar como vos pelexades se cobrades extra ou non, que cachondeito o de vostedes.
En fin, podería seguir enumerando, e pegaríame así toda a tarde e toda a noite, pero creo que xa non paga a pena, só dicirvos, e se de algo serve, que intentedes mirar un pouquiño máis polo pobo e deixarvos de pantomimas e de parvadas, que o pobo necesitas persoas con criterios, persoas que dean esperanzas, e persoas que sexan decisivas á hora de facer cousas polo ben do pobo, non persoas que poñan máis asuntos á prensa a ver que din hoxe do meu, ( que baixo a miña opinión somos o faime rir de todos os pobos, non saímos a Voz de Galicia por algo importante senón por parvadas ) ou que gasten as súas enerxías en poñer denuncias de acosamento ou outros en andar percorrendo o pobo coma se se lle tivese perdido algo. Se utilizásedes toda esa enerxía en ben común, OUTRO GALO CANTARIA NO POBO DE PONTECESURES.
Luis Angel Sabariz Rolán · 27-07-2012 a las 20:16
Moi respectable a opinión de «Anthia». Pola parte que me toca, como integrante da oposición, quero aclararlle que precisamente temos a obriga de propoñer cousas, de percorrer o pobo, de falar coa xente para escoitar as queixas, de informar aos veciños, de controlar e de fiscalizar o labor do goberno local. Iso será pouco valorado, pero é moi importante nun concello para que o goberno local se poña as pilas e faga cousas (en Pontecesures moi poucas nesta época cun goberno totalmente inoperante). Nin extras nin nada, eu nunca percibín nin un euro de retribución no concello, e levo trece anos de concelleiro (na actualidade só percibo 20 euros por asistir a cada pleno, e hai uns 10 ao ano) e todos sufrimos a crise, que remedio. Estiven moitos anos do goberno e fixéronse moitas cousas boas, (como labor de todo un equipo, por suposto). Non é cuestión de repetilas pero empregáronse horas e horas para conseguilas adicando o tempo aos demais e quitándollo á familia. Xa sabemos que todo queda esquecido pronto, e que esta función é polo xeral desagradecida. Pero tampouco se debe xeralizar aborrecendo todo o traballo que fan persoas desinteresadas. ? moi inxusto xeralizar así cos políticos.
Anthia · 29-07-2012 a las 23:45
Señor «Luis Ángel Sabariz Rolan», en moitas cousas estou de acordo con vostede, estou de acordo que fixeron cousas boas, pero tamén cousas innecesarias, das cales tampouco me vou pronunciar xa que de sobras son sabidas. Está ben que vostede e todo o seu grupo da oposición fagan percorridos polo pobo e polas rúas para saber que opina a cidadanía pero tamén sabemos que só é por sacar punta aos que agora gobernan, pois se mal non recordo, vostedes tamén gobernaron, xa tiveron o seu tempo de facer caso a esa xente que vostede agora tanto escoita, e que eu saiba moito caso ao pobo non fixeron, o fixéronlle caso ao pobo cando fixeron manifestación cando non querían que se puxese a rúa San Luis dun só sentido?, ou, Cando tiveron comercios que non querían pechar os domingos e por culpa de só uns poucos puxeron a nova lei para pechar ?, ou, unha das cousas máis importante, polo menos ao que a min e a moitos pais nos atinxe, fixéronnos caso en todos estes anos que vimos pedindo un comedor para o colexio e non houbo forma de conseguilo?. Quizais en moitas das preguntas que aquí formulo seguro que me responderá que vostedes non mandaban cando isto paso, pero tampouco fixeron nada para remedialo ou emendalo cando estiveron, así que para min é o mesmo. De todos os xeitos non quero entrar nun debate con vostede do que fixeron ou deixado de facer, a min só gustaríame que discutísedes menos e fixésedes mais, que en vez de criticar tanto, se apoiasen mais e participasen mais en proxectos ou outras cousas en ben do pobo.
E se estou consciente que a crise nos afectou a todos, e que no concello non están os tempos para tirar foguetes, iso tamén o sei, pero tamén sei que se desbaldiu moito, e todo o que entrou a gobernar o fixo e beneficiouse do cargo en ben propio. En fin, e por último, cando xeneralice co persoal do concello, era por non dar nomes propios, de persoas que se cobran e que están aí só porque teñen un posto fixo e pouco fan para o que cobran, onde algúns se dan o luxo ata de menosprezar, humillar e desvalorizar traballadores que entran por contratos temporais, e créame que falo con coñecemento de causa e ata probas poderíalle dar del, e onde outros lles bailan as augas ao sol que mais quenta, e se o meu interesa fágote a roscas para que me votes e o meu partido siga sendo o sindicato do concello, entres outras cousas, creo que bastante clarito deixei, máis ou menos, a quen nos referimos. Señor «Sabariz», non son nin de dereitas, nin de esquerdas, nin do medio, son do pobo, e cos tempos que corren, o único que pido, e atrévome a ser ousada e falar en nome de moitos pais deste pobo, que o pouco ou moito que se poida facer nestes momentos polo pobo, fágase ben, que escoite mais a voz do pobo e que teñamos un alcalde ( dá igual o partido ) que sirva para algo, que dea a cara aos problemas, que non se esconda, que o pobo se senta avalado e orgulloso da persoa que nos representa. E por se ofendín a todas esas persoas que voluntaria e altruistamente colaboraron co concello, dende aquí pido desculpas, pois non era esa a miña intensión. Pero todos sabemos de quen falamos e a quen nos referimos.
Luis Angel Sabariz Rolán · 30-07-2012 a las 01:51
Non tes que pedir desculpas a ninguén, «Anthia», pero quero dicirche, ante o teu descontento sobre o labor municipal que se fai, que as responsabilidades da xestión as ten o goberno local que xa leva maís dun ano no poder. Erras ao comentar o do peche dos comercios nas mañás dos domingos, pois foi en base a unha lei autonómica trala denuncia dun comerciante local (apoiada polo BNG local, por certo), no do comedor tentouse varias veces conquerilo, pero tampouco imos entrar no debate do pasado. Compréndese moi ben a túa mensaxe e vexo que tes claro quen foi ao concello a servir e quen foi a servirse.
Un saúdo.
papagos · 30-07-2012 a las 11:39
Claro que todos sabemos quen foi ao concello a servir e quen foi a servirse
Sr Sabaríz.
Non esquecemos á alcaldesa de 200 votos que cobrou 2300 euros e arranxou a súa vivenda grazas a un tránsfuga.
Non esquecemos o nefasto goberno anterior do que vostede formou parte, onde o amiguismo estaba á orde do día, comprábanse lampreas aos amigos, apagábanse os semáforos para non molestar aos afectos, ensaios da «barcarola» no salón de plenos do concello, boicot á feira do automovil, wiffi fantasma da que se beneficiaron uns poucos que tiñan contrasinal, correccións a lapis en expedientes de contratados, ameazas aos traballadores que non eran afíns, … etc, etc, etc
Quere que siga Sr Sabaríz? recórdolle que vostede meteu a súa cuñada dúas veces, intentou meter outros familiares, tiña móbil gratis, tiña a chave do concello, non veña aquí con aires de grandilocuencia, con aires de político impoluto, porque vostede non o é.
Xa está ven de tanta pantomima, a maioría dos veciños coñecemos o seu pasado, coñecemos como «traballa» e non ten autoridade Sr Sabaríz, non ten autoridade moral para dar leccións a ninguén.
Luis Angel Sabariz Rolán · 30-07-2012 a las 16:46
Parece que no te sentó bien la critica de «Anthia» al gobierno local y vuelves a meterme conmigo. Expliqué con claridad en este medio, en la prensa y en los plenos que yo no coloqué a familiar alguno a dedo, expliqué los procesos selectivos, las puntuaciones de cada candidato y todo tipo de incidencias relacionadas con las contrataciones. Por otra parte, expliqué lo del uso y el consumo del móvil que tenía, lo de la llave del ayuntamiento, lo de que en la obra de Medio Rural en Infesta se protegieron viviendas pero no se arregló la casa de nadie, que en la Casa Consistorial y por falta de locales ensayó más de una vez algún grupo (¿y qué?).
Yo no compré lampreas ni a amigos ni enemigos, yo no tenía la contraseña de ningún wifi, yo no llevé tarjetas de la hora para casa como me acusaban, yo no fuí al concello a obtener nada.
Sin cobrar ni un euro de retribución, hice todo lo que pude en mi tiempo libre. No me presenté a las elecciones con el fin de conseguir un sueldo por dedicación exclusiva. Por este lado pinchas en hueso «papagos». Hablarán de mi sobre si lo hice bien o mal, sobre si tengo más o menos aptitudes para formar parte de un gobierno, o sobre si se consiguieron más o menos inversiones. Pero también te digo que percepción en los vecinos de haber favorecido o perjudicado a la gente o de haberme llevado algo irregularmente no la aprecio. Ni siquiera en los que más me critican.
ven te vexo · 30-07-2012 a las 18:18
Ben se ve que cando se colle carrete dinse moitas cousas porque lembro un móbil no concello con máis dun milleiro de mensaxes de texto a un mesmo número.
o palillo · 30-07-2012 a las 23:33
SE?ORES POLITICOS PIDOLLE DESDE ESTA PAXINA QUE PORFAVOR VOS PO?ADES A TRABALLAR POLO POBO XA NOS ESTA A CHEGAR A MERDA O TECHO .MIRA ANTHIA ESTOU DACORDO CON TIGO E A QUEN NON LLE GUSTE QUE LLE VOTE AZUCAR E SENON QUE FAGAN O QUE TE?EN QUE FACER ,O UNICO QUE FAN E BOTAR PESTES UNS CONTRA OS OUTROS,QUE ASCO DE POBO
Princo · 31-07-2012 a las 02:32
Enorme o comentario de papagos, fixome lembrar cousas como o proxecto do WIFI para cesures, e demáis trapalladas.
Que inmoral é, despois de tanto gasto inútil, atacar ao goberno porque non arreglan un reloxo, ou cortan as silvas…
Vergonza allea sinto, de vivir nun sitio así, cunha oposición que en ningunha parte do mundo sería asi.
papagos · 31-07-2012 a las 08:57
Diríxome a vostede Sr Sabaríz porque minte día si e día tamén como xa quedou demostrado nesta páxina en máis dunha ocasión. Os veciños somos libres de opinar o que queiramos, faltaría máis, pero vostede é un perxonaxe público con moita historia detrás.
Reitero todo o que dixen no comentario anterior e non vou entrar en detalles coñecidos por todos, vostede pode dar as «súas explicacións» sempre que queira pero os feitos son os que son e están aí.
Non lle permito que se ría dos veciños Sr Sabaríz «el cuentito de se protegieron viviendas» gárdeo para vostede e para os que lle votan, porque non hai ninguén en Cesures que crea que a exalcaldesa non arranxou a súa vivenda a costa do erario público abonda con ir mirar a obra e ver o que se fixo alí, nin que a súa cuñada entrou dúas veces grazas a que vostede estaba no equipo de goberno, etc, etc, etc…
Non veña aquí con perlas de político digno, porque vostede Sr Sabaríz non o é.
Luis Angel Sabariz Rolán · 31-07-2012 a las 09:49
Está claro, «Princo», que o reloxo da igrexa sempre funcionou correctamente cos gobernos anteriores ata que chegou este goberno. Por outra banda, en investimentos e mantementos, o goberrno anterior supera en moito o que se está a facer ata o de agora polo goberno actual. Non hai cor.
Senón te fias da miña palabra en canto á obra de Infesta, pois pregúntalle ao antigo xefe de infraestruturas de Medio Rural en Pontevedra, Marcos Suárez (segue traballando en Medio Rural e tamén é voceiro nacionalista no Concello de Moraña). El pódeche explicar o que dixen sempre. Tamén no concello está o expediente co director de obra e a empresa que executou a mesma. Queres, cada pouco tempo e cando se da a coñecer a inoperancia do actual goberno, arremeter contra xestións anteriores sen razón. Non se arranxou casa algunha home. Dille aos gobernantes actuais que traballen, que levan xa case catorce meses no poder e non se ve nada.
Sobre o da miña cuñada está todo dito, tivo os mesmos dereitos que os demais naturalmente. Expliquei os procesos selectivos, os aspirantes, todo. Vaite ao concello, pide os expedientes, repasa as actas, os exercicios, o que queiras. Nestas cuestións a mín non me pillas, non fun ao concello para tratar de colocar a amigos ou familiares, ou a colocar unha finca no planemento, nin fun a levarme nada. Iso deixeino sempre moi claro.
manolo o do bombo · 31-07-2012 a las 11:48
Moi ben papagos as cousas clariñas ,neste pobo non somos parvos,bueno Sabariz agora vai resultar que os que estan gobernando son gafes e paran os reloxos ,ja ja , cada dia estar peor relajate Sabariz…
presumida · 31-07-2012 a las 14:35
Algu?n me pode decir se ? legal que o bar o choco ocupe totalmente toda a acera coas mesas chegando con elas ata o cristo facendo que a xente que facemolas compras co carrito no pobo teñamos que cruzar a plaza dos valeiros por donde circulan os coches en vez de cruzar por semellante acera, ademais é legal que o choco atornille no bordillo da misma uns postes para poñer unha carpa para dar sombra en semellante terraza……a ver si o Sr. Sabariz que está en todo ten algo que decir o respeto ou patrimonio que casi casi non se ve o cristo co poste de ferro pegado ó lado!!!!
papagos · 31-07-2012 a las 14:53
Por suposto que non me fío da súa palabra, vostede non é de fiar Sr Sabaríz. Recórdolle que houbo unha pregunta do BNG no parlamento sobre a casa da exalcaldesa, que quedou sen resposta porque ninguén sabía nada ou nada querían saber do tema. Todos sabemos a cantidade de falcatruadas que se fan con aparencia de legalidade, basta con ler a prensa diaria. En calquera caso Sr Sabaríz vostede diga o que queira pero todos temos ollos e vemos o que alí se fixo.
En canto a súa cuñada non nos veña con historias para non durmir, as dúas veces que entrou estaba vostede no equipo de goberno, que casualidade non si?, a última vez fíxoo pouco tempo despois de tomar posesión a Sra Maribel, foi o prezo que pagaron os seus socios polo seu tránsfuguismo e o posterior pacto?
E non nos veña con actas, exercicios, expedientes…, que somos maiores de idade e sabemos o que hai, por certo a que expedientes se refire aos corrixidos a lapis? ja, ja, ja…
Os que o coñecemos Sr Sabaríz sabemos que vostede é un auténtico experto en falcatruadas.
Princo · 31-07-2012 a las 15:00
Eso viña a dicir eu… Está claro que si o reloxo está mal, é por culpa do goberno. Penso que tamén é culpa deles que teñamos un verán tan nefasto… Só puiden ir á praia 5 ou 6 veces.
Sabariz, non te molestes en defender o indefendible. Adícate a facer algo bo no presente, porque o teu pasado non ten arranxo. De feito, creo que canto menos nombres o que fixeches noutros anos, mellor che irá.
Luis Angel Sabariz Rolán · 31-07-2012 a las 18:45
Reitero, «papagos», que o mellor para ter coñecemento da obra de Infesta é preguntarlle ao nacionalista de Moraña, Marcos Suárez, que era o xefe de infraestruturas de Medio Rural co goberno bipartito da xunta. ? moi bo tío, e explicarache con gran amabilidade en que consistiu a obra. Tes o expediente no concello. Reacciona con valentía, vai o concello e consúltao. ¿Corrupción, prezo do pacto, falcatruadas, manipulación de expedientes?. Hai que mal os sentan as criticas directas, dando a cara, expoñendo os temas con claridade. Dille ao teu goberno que traballe, que xa levan case 14 meses e non se ve nada. Bueno sí, un reloxo da Plazuela que non funciona por primeira vez en doce anos e unha biblioteca municipal pechada en agosto por primeira vez en 26 anos.
qepasadamonada · 31-07-2012 a las 19:43
pareceme incrible sabariz que fagas politica co da biblioteca, eso non ten nome. Si a ti che tocara gobernar agora mesmo nesta epoca de crise houbera sido igual, pecharia a biblioteca por que como moi ben comentaron aqui, sempre se ocupou dela unha persoa de cooperación xa que todos os anos habia duas persoas, e este ano que se sepa ainda non veu ninguen, como queres q se abra?? pareceme unha demagoxia facer politica desto por que no hay un duro e tal e como están as cousas non se pode facer politica barata con estas cousiñas, deberias sabelo, deberias respetar un pouco mais, e non so deberias ver a palla no ollo alleo, así ningún politico vai convencernos para que lles votemos, emporcallando sempre o resto. non se convence a unha persoa falando mal doutra, ese non e o camiño saba.
Princo · 1-08-2012 a las 00:02
Pois se consideras que ter un reloxo parado, e unha biblioteca cerrada, é gobernar mal…
Penso que non debes mirar moitos xornais, ca que está caendo, penso que está moi ben.
Papagos, non lle fagas caso. Este o que quere, é fichar á xente… Porque se vas ao concello, xa che pon cara, nome e apelidos. Co que lle gusta controlar á xente..
Luis Angel Sabariz Rolán · 1-08-2012 a las 01:40
Non, «princo», non. O do reloxo e o da biblioteca son dous exemplos nada máis, con dar unha volta polo pobo e comprobar o estado de abandono dos espazos públicos xa temos bastante. Vai dar unha volta polo lavadoiro da Chancela. Este abandono e os tres salarios de tres dos concelleiros do goberno son motivo de crítica de moitos veciños. Catorce meses perdidos.
Non teño porque facer política co peche da bilbioteca, «qepasamonada». ? unha realidade, temos un goberno que por primeira vez en máis de 25 anos non é quen de que a biblioteca municipal abra en agosto. Senón tes claro a quen votar, pois alá ti. Por suposto se tivera responsablidades de goberno a biblioteca non estaría pechada en agosto. Iso o teño clarísimo.
papagos · 1-08-2012 a las 11:44
Non hai problema «Princo», ninguén necesita ir ao concello a mirar ningún expediente é algo moito máis sinxelo ca iso, si alguén ten dúbidas do que eu digo abonda con ir mirar a obra que se fixo na casa da exalcaldesa ninguén no seu san xuízo pode xustificar que aquelo fixérase con cartos públicos.? imposible ocultar algo que está á vista.
Vostede Sr Sabaríz e a exalcaldesa teñen máis coñecemento da obra que ninguén, parece que o Sr Randulfe descoñecía de que ía pero votou a favor dela no pleno, que cousas!
Corrupción, prezo do pacto, falcatruadas, manipulación de expedientes, … etc. Si Sr Sabaríz, si Sr Sabaríz si, disto houbo moito no seu goberno, nos pobos pequenos para ben ou para mal coñecémonos todos é sabemos de que vai o percal.
Evidentemente este goberno estao a facer moi ben, só ten no debe un reloxo que non funciona e non é competencia municipal e unha biblioteca cerrada no mes de agosto, que drama Sr Sabaríz cantos libros deixará vostede de ler por iso ja, ja, ja…
O meu goberno Sr Sabaríz é o goberno do concello de Pontecesures, cun alcalde elixido pola maioría dos veciños, non é comparable ao goberno da alcaldesa de 200 votos imposta por un tránsfuga.
Luis Angel Sabariz Rolán · 1-08-2012 a las 12:10
Mira, «Princo», a obra de Medio Rural non tivo que ir a ningún pleno. Foi proxectada, adxudicada, executada e pagada por Medio Rural. Reitéroche que de corrupcións, prezos de pactos, falcatruadas, etc..nada de nada. Todo moi claro, e a teño ademais a seguridade que diso os veciños a min non me acusan. Nin de cobrar retribucións tampouco.
manolo o do bombo · 1-08-2012 a las 14:40
Claro non cerrarias a biblioteca,me terias a tua cuñada ja..ja
Anthia · 1-08-2012 a las 14:44
Outra vez estamos a discutir por pamplinadas, por parvadas, que se o reloxo se paro, que se foi un que se foi o outro, pero aquí se fixo un comentario bastante serio e ninguén dixo nada, como ben di «presumida», o que fixo o bar choca na acera,( publica) é denunciable, pode collerse unha persoa toda unha beirarrúa para un uso propio, e non só iso, para beneficiarse, posto que nesa beirarrúa hai unha terraza debaixo, que si, que pode estar a pagar por ela, pero repito, pode ocupar toda a beirarrúa publica, sen deixar paso aos peóns, tendo que invadir estes a calzada para cruzar? Aínda que este mesmo caso nolo podemos encontrar tamén no bar que queda ao lado do estanco, contarvos algo que me paso o outro día, case pillo a unha nai co seu carriño, por culpa da terraza que montou fóra, case non queda espazo para o peón e menos para unha muller con carriño, ou ata un minusválido, teñen que invadir a beirarrúa para cruzala, é isto tamén legal? O concello pode dar licenzas para isto mesmo pasando polos dereitos do peón? Só en beneficio propio del e do establecemento?, pois que é sabido que polas devanditas terrazas se pagan. E sigo, non só hai problemas con na praza dos valeiros, segundo me comentaron onte, en porto hai un poste que esta a caer, malamente está suxeito polos cables eléctricos, notificóuselle ao concello e seguen á espera dalgunha notificación, pregúntome, será que están a esperar que pase algunha desgracia para arranxalo?, ou é que non é o demasiado importante como para prestarlle asunto, non hai demasiados votos en porto para as eleccións?. O dito no meu anterior post, no concello, moitos por non dicir todos, para o que fan cobran de mais.
E por ultimo «papagados» non sei de que falas, xa o dixen e vólvoo repetir, os alcaldes que entraron de ultimo no concello de Pontecesures, todos se serviron por algo e para algo, se non, dime como entrou nestas selección a señora Rosario?, será polo apelido? , Por algún coñecido quizais?, Por algún familiar?, ou simplemente por merecelo?. Bo a esta última pregunta contéstolla eu, por merecelo non foi, pois a señora Rosario ten unha vida desafogada, vive cos seus pais, o seu pai cobra unha moi boa pensión… etc. etc…. Y cónstame, que nesa entrevista estiveron persoas moito máis necesitadas ca ela, con circunstancias moi precarias, e non obstante, déronllelo a ela, o por que?, iso habería que preguntalo ao concello, ou ao xurado correspondente, en que se basean eles para valorar o persoal. Así que, non veñamos con golpes de peito que se a alcaldesa fixo ou deixo de facer, que persoalmente para min, fixo e bastante que fixo, pero é que os que manda agora non pairan tampouco de facer. Como dirían por aí fóra, unha banda de Buitres ten este concello nos últimos anos.
Anthia · 1-08-2012 a las 15:01
Pido desculpas, confundinme de nome, chámase bar «Choco. «
Princo · 1-08-2012 a las 16:50
Debias pedir desculpas por moitas cousas, non por eso. Menudas animaladas dis, e tamen aver si aprendemos facer comentarios mais resumidos. Pra ler os teus comentarios, hai que xantar ben
Anthia · 2-08-2012 a las 19:14
hahahaha…. «Princo», te lo voy a poner en castellano para que lo entiendas mejor, porque creo que el gallego no lo entiendes, para empezar escribo lo que me apetezca y para seguir digo lo que me plasca, y si veo una injusticia lo comento, o es que a tí te concierne algo de lo expuesto… ummmhhh, al que le pica… ya sabes el resto, que despues dice que si me extenso, hahahahahaha
papagos · 2-08-2012 a las 20:01
«Tremendo» comentario «Anthia», por alusións vasme permitir dúas cousiñas, dos teus comentarios dedúcese por un lado que estás moi enfadada co mundo en xeral, e polo outro, que o teu descoñecemento do funcionamento das cousas é inmenso. Pero ningunha destas cousas pode xustificar o ataque desapiadado que fas neste medio de difusión hacia unha veciña, á que ademáis poslle nome, polo feito de resultar seleccionada para un posto de traballo.
Podes estar en desacordo co proceso selectivo, (enténdese que si aprobas ao outro seleccionado), podes incluso dubidar de dito proceso ámbalas dúas opcións son lexítimas. Agora ben, arremeter públicamente contra unha persoa mencionando aspectos da súa vida privada que non interesan a ninguén, é indigno, amoral, miserable e covarde, e deberías pedir desculpas, como xa che dixo «Princo» porque si non o fas, só mereces absoluto desprezo.
outro · 2-08-2012 a las 22:46
Entrada: «Roque Araújo, alcalde accidental de Pontecesures, por ausencia do titular e do 1º tenente de alcalde, Ángel Souto».
¿Alguén le os comentarios e a relación que teñen coa entrada?
Debe haber algún virus ou tormenta de verán.
Princo · 2-08-2012 a las 22:52
Castelán? Non grazas, entendote ben. E si o vas usar, usao ben polo menos.
Xa cho dixo papagos pero é igual, eres lamentable dando nomes. A min non me afecta en absoluto as burradas que estás dicindo, pero molestaríame se fose a persoa que nomeas.
Nun futuro, aver si aprendes algo de respeto, e te informas das cousas.