Noite con música e cócteles sen alcohol o venres na piscina de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A piscina municipal de Pontecesures propón para a noite do venres a festa «Dance in remollo», organizada pola concesionaria da súa xestión (Barbatana) coa colaboración do Plan de Prevención das Drogodependencias e o Concello cesureño. O evento prolongarase dende as nove da tarde e as doce da noite con entrada a tres euros por persoa. Esta actividade de ocio alternativo esta dirixida principalmente aos moxos, estando o acceso limitado a maiores de 12 anos. A auga e a música do Dj Tony serán os protagonistas da festa, na que os participantes tamén poderán saborear cócteles saudables sen alcohol elaborados por persoal do Plan de Prevención das Drogodependencias das zonas do Baixo Ulla e Sar, entidade que dirixe Manuel Isorna.
Para poder acceder á festa ademais de poderse mercar a entrada específica, tamén será válida o tícket que os usuarios da piscina retiren pola tarde para desfrutar das instalacións e darse un baño se o tempo acompaña.

DIARIO DE AROUSA, 25/07/12


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.