A imaxe dunha vila.
Durante toda a mañá de hoxe domingo, este foi o estado dun dos bancos da Plazuela de Pontecesures (leva así dende a noite de onte sábado). A xente que entraba e saía dos oficios relixiosos da mañá comentaba a incidencia e dicíalle aos nenos que se alonxaran de alí por razóns de salubridade.
Non sei se houbo servizo de limpeza esta noite pero fora como fose non se pode dar esta imaxe de abandono a veciños e visitantes. Desgrazadamente está a ser a ser o mellor resumo dos catorce meses que leva no poder o goberno local.
27 comentarios
luis regaliz · 19-08-2012 a las 21:43
Lamentable a actitude da persoa que deixou estas latas no banco, tendo unha papeleira moi preto. Pero maís lamentable e o comentario do Sr. Sabariz: «non sei se houbo servizo de limpeza esta noite»; senón o houbo que quería, que foran os propios concelleiros que tanto aprecia a recoller as latas? chamar a guardia civil?
O máis ruin desta entrada, e que este señor, concelleiro, e polo tanto, representante da vila o dos veciños da mesma, debería dar un exemplo de cidadanía e botar as latas a papeleira, feito que seguro agradecería e loubaría «a xente que entraba e saía dos oficios relixiosos da mañá» en lugar de preocuparse por sacar a foto e publicala eiquí para seguir co seu habitual acoso o actual equipo de goberno municipal.
o palillo · 19-08-2012 a las 22:59
Xa sabes o que ten que facer, en vez de coller fotos recollao vostede porque o servicio de limpeza tamen ten dereito a descansar. Non sabia eu que habia tantos paparachis soltos por este pobo, ou acaso e que mercou unha camara nova e estaa estrenando? Notase que os temas que non lle interensan escapa deles como pode e o resto non fai mais que publicalos.
Luis Angel Sabariz Rolán · 20-08-2012 a las 01:13
Mirade, «luis regaliz» e «o palillo». Isto é só un exemplo da situación na que se atopa a vila en materia de limpeza e do desinterese do gobeno que temos. Dende logo na Plazuela nunca quedou un banco así dun día para outro, e tampoco nunca ocorreu o do pasado día de Reis coa praza sen limpar toda a mañá. Obviamente este abandono era criticado hoxe por varias persoas. ? o normal.
feixederba · 20-08-2012 a las 04:19
no lugar de sacar a foto e dar unha imaxe penosa por internet podialas recoller e kedabas moito mellor.
despois podias colgar na rede: sabariz retira unhas latas dun banco da plazuela.
asta soa mellor pero a ti facr o ben para o pobo non xe interesa.
gustache mais o follon.
retirate anda que o pobo xa xe dixo que non te queria
manolo o do bombo · 20-08-2012 a las 12:44
Sabariz de verdad que creo que estas enfermo,menudo espetáculo estas dando para a tua información foi un que estaba a pedir na porta da iglesia ,mas ó rumbo tamen as habia na caseta da iglesia,que lle vas a pedir a xente enferma,ti con tal de meter merda valeche todo,enfin donde non hay non se pode quitar….
Luis Angel Sabariz Rolán · 20-08-2012 a las 15:07
O de menos é quen deixou o lixo aí, «manolo o do bombo». O ridículo é que non se recolla o lixo que queda na Plazuela os sábados os domingos polá mañá por primeira vez en moito tempo. Iso, e o desinterese do goberno local por estes temas, é o que criticaron os veciños, que como a min, advertiron este feito
qepasadamonada · 21-08-2012 a las 00:33
Esta paxina perdeu todo o seu encanto dende o momento en q este tio colga estas chorradas!! Duas latas dun sabado pola noite e molestan. A qen? Vamos luis o final e certo que todo che vale. E unha magoa a verdade e que non vale a pena nin contestarche pero como che dixen o outro dia, sacasme de quicio tio.
Princo · 21-08-2012 a las 01:35
Con cousas coma éstas, perdes todo o crédito que tes… Si é que siquera o tiñas.
A imaxe dunha vila, estas dandoa ti… ? que eres lamentable!!
Dis que isto pasa agora con este goberno… Sabes o que pasa? Antes non habia ninguén tan ruin de ir sacando fotos un domingo pola mañán, en vez de facer algo moi cívico, e tiralas ti mismo(Non sendo o teu traballo, o cal che daría merito)
Atacar ao goberno con isto… Enfin, deben de estar facendo as cousas ben, se tes que recorrer a sacarlle unha foto a 3 latas deixadas por uns individuos incívicos.
Sigue asi! Vas camiño de facer historia en canto á oposicion mais absurda que se recorda
Luis Angel Sabariz Rolán · 21-08-2012 a las 06:25
Reitero o dito: Que non se recolla o lixo polo varredor os domingos á mañá como se fixo sempre é lamentable. O desinterese do goberno local é total e a veciñanza demanda que se faga o servizo.
o palillo · 21-08-2012 a las 15:00
señorROLAN o seu e unha enfermedade moi grabe se vostede cree que asi vai gañar mais votos que engañado esta .Acaso o señor da limpeza esta obligado a segir a xente que lle esta a pagar o estado por nada e el non ten dereito o descanso? Sabe ben vostede que o barrendeiro do pobo entre pitos e flautas leva moito tempo de vacacions e o outro esta a facer o traballo del pola semana enton algun dia tera que descansar non lle parece ? Se vostede cree que consegue mais xente que os actuales gobernantes fale vostede con FEIJO e que lla mande e sinon a xente que ten exaserados soldos coma os politicos e os grandes funcionarios facede unha rebaixa nos sueldons que tedes e contratarase mais persoal e sera ben para todos e vostede relagarase un pouco .Oxala ouvese mañan mesmo eleccions para que se dera de conta que o pobo no quere relaxese.
Luis Angel Sabariz Rolán · 21-08-2012 a las 15:17
No Concello de Pontecesures sempre houbo un varredor os domingos, fose quen fose, e tivo que vir este goberno para facer este recorte. ? moi doado queixarse dos recortes nas demais administracións, «o palillo» e cando os fas ti botarlle a culpa aos demais. Aquí non é cuestión dos votos, nin de falar de Feijóo nin de cuestionar o dereito a lecer de ningúen. O feito contrastado e que a Plazuela estaba sucia e abandonada o domingo pola mañá e iso é un fracaso de xestión do actual goberno.
O goberno local ten unha solución sinxela: Que deixe de cobrar algún dos seus integrantes e que se contrate a un varredor para os domingos co fin de cubrir as ausencias por vacacións de algún traballador ou outras circunstancias. ¿Prefire a xente que haxa tres concelleiros cobrando no concello ou que haxa un varredor para os domingos e que o pobo estea máis limpo?. Penso que non hai cor en optar pola segunda opción.
Princo · 21-08-2012 a las 15:35
Non lle deades máis importancia a este home e as súas «noticias». Igual polo feito de que o publique nunha páxina web, vai ter máis razon ou non… Solo é un tolo, alguén que non está ben, e se se lle da tanto bombo cando saca tonterías coma estas, só conseguimos agravar o seu estado
Deixadeo estar, a xente coma ésta hai que apartala
Luis Angel Sabariz Rolán · 21-08-2012 a las 17:22
? realmente insólito o chamamento de «Princo» para que non se faga caso ao que publico. Vaia tolerancia, vaia cultura política, vaia comportamento democrático, case propón a censura este defensor/a do goberno local. A xente xa ten coñecementos dabondo para xulgar as notas, as actuaciones e o traballo de cada quen, non fan falla os consellos deste tipo.
Pregunta á xente na rúa «Princo»: ¿Prefires que haxa tres concelleiros cobrando no goberno local de Pontecesures ou que se contrate un varredor para que limpe a vila os domingos?. Xa verás o que contestan.
o palillo · 21-08-2012 a las 22:53
mire ROLAN O SEU E DO PEOR porque non lle quita vostede MIL EUROS O SEU SOLDO e seguramente gaña mais votos coa sua onestidade ,e co soldo que ten a vostede faille unhas cosquillas sobralle o que gaña e bolvolle a repetir por algo os politicos sodes a SEGUNDA causa mais falada do pais .Oxala os GRANDES FUNCIONARIOS E OS POLITICOS vos puxeran o soldo dun obrero normal a ver o que faciades ,e unha burla para min que estou a cobrar a axuda familiar e outros tedes tempo a facer asta de paparachis ,que vergonza
qepasadamonada · 21-08-2012 a las 23:22
Sr. Saba, eu xa preguntei os meus achegados e amigos e veciños e uns estan dacordo coas tres exclusivas e outros nonn pero todos estamos dacordo en que vostede sobra, en que vostede e coma un chicle pegado a suela do zapato, dificil d quitar por deus, deixe vivir a xente en paz dunha vez. Si mañan me din q vostede emigra fago unha festa. Si qere votos, protagonismo deixe esta tactica d politica basura e comece a traballar sen facer ruido, coma os bos politicos e non sacando estas tonterias. Culpa d qen lle facemos caso e canta razon ten princo, mellor pasar d vostede.
Luis Angel Sabariz Rolán · 22-08-2012 a las 00:28
Estou a expoñer que resulta lamentable non contar cun varredor os domingos e que sería mellor non pagar tres salarios aos concelleiros do goberno e ter ese servizo todos os domingos, e ti saes, «o palillo», falando de votos e da miña retribución como traballador que nada ten que ver co noso concello do que non recibo nin un euro. Dende logo se os políticos son o segundo problema do país non será por min que nin cobro, nin obteño nada a cambio, nin estou involucrado en asuntos de corrupción. A min gústame a actividade política pero non como medio de vida de moitos concelleiros nas corporacións e por iso penso que non é de recibo que no noso pequeno concello haxa tres persoas que vivan da actividade política.
O de «qepasamonada» xa expresa tanto odio que ata me quere desterrar do pobo. Houbo un número de veciños que, co seu voto, coñecendo a miña forma de traballar logo de 12 anos como concelleiro, opinaron o 22 de maio de 2011, que debía seguir pertencendo á corporación de Pontecesures; o sexa, que non sobraba. Entón teño que seguir a traballar pois para iso fun elixido. Esa é a democracia, é o que decidiron os veciños no seu conxunto.
G.pesado · 22-08-2012 a las 00:39
Polo que vexo aqui lese de todo, uns a favor de Sabariz e outros en contra, casi me atreveria a desir que seria de todos os que nesta paxina poñen verde a este señor si non cheja a poñer notisias todos os dias, jrasias a el enteramonos de cousas que pasan en sesures, que aljunhas paresen ridiculas outras non. Os que mais o poñen verde teñen un morbo moy espesial, entran na paxina soamente para ver o que publica e poñelo podre, entonses si marcha Sabaris que faria esta xente, xojar a psp.
Princo · 22-08-2012 a las 15:38
G.pesado, pois fariamos o mesmo. Entrar aqui, e ler as novas. Pero cando aparecen noticias coma estas, que non aportan absolutamente nada, é normal que a xente reaccione asi.
Saba, criticarte a ti e as túas fotos inutiles, non é ser defensor do goberno… Esa xente non me da de comer, nin nada parecido, pero por algún motivo, debes crer que quen vai na tua contra, ten que ser defensor de tal.
En fin, o que dicía. O que di qpasamonada resumeo bastante ben. Os bos políticos son os que fan o seu traballo na sombra, axudando no que poden, e sen ánimo de protagonismo.
Xusto o contrario que vostede, sempre asomando en canto sitio e evento hai. Saindo en periodicos, chamando a atención, denunciando cousas irrelevantes, e un largo etcétera.
Por xente coma vostede, a xente odia aos politicos. E os que son bos, caen no mesmo saco que vostede. Que lástima que os que escribamos aqui, perdamos o tempo falando cunha parede.
outro · 22-08-2012 a las 16:24
Hai xa uns meses que dixen aquí que aínda compartindo a teoría de Sabariz de que a oposición está para todo eso que el fai, parecíame que unha lexislatura de tal intensidade con case catro anos por diante podería ser insufrible.
Dúas latas son dúas latas, e entendo que a cousa non debería dar para mais, pero mirade ata donde chegamos.
Agora ben, os partidarios de que Sabariz deixe de escribir e subir novas, mesmo Princo que ven de dicir que entraríamos aquí a ler as novas ¿? que non vos paráchedes a pensar que non hai novas se non son as que sube Sabariz?
Díxoo antes G.Pesado, «xogar á PSP». E certo é que unha subida ó mes (sería cousa de facer estadísticas) por parte do concello e outra por parte de Daniel Seijas non semella que den para moito.
Sabariz vai a seguir co seu… as tres adicacións, o abandono, que se isto que se o outro. Xa o sabemos. Ninguén agarda ler aquí a Sabariz decindo que ben o fai o goberno local. Entón ¿Para qué tanta discusión?
Mirade. Unha suxerencia. Sabariz, a ver se es quen de non subir absolutamente nada nunha semana. Sete días. Un suspiro. Se a páxina agoniza podería ser sinal de que te necesitamos. Se a páxina funciona perfectamente sen ti poderías plantexarte a túa oportunidade neste medio.
Que non pareza un intento de censura, por que non o é. Só se trata de facer unha especie de enquisa para tratar de saber ata qué punto paga a pena todo isto.
E digo todo isto sen acritud, rencor, odio ou resquemor de ningún tipo contra ninguén. Pero de verdade que moitas veces estes debates chegan a esgotarme (e supoño que non seréi o único).
Luis Angel Sabariz Rolán · 22-08-2012 a las 16:31
Mira, «Princo». Que non haxa varredor os domingos é relevante, que haxa recortes neste tipo de servizos é relevante, que non os haxa e que sigan a cobrar tres concelleiros que viven da política cos fondos de todos nós é relevante, que o pobo está sucio e abandonado é relevante, que hai desinterese na xestión municipal é relevante, etc…. A obriga da oposición é lembrar sempre isto á veciñanza e tratar que convecela de que hai outras opcións mellores para gobernar este concello. E hai que facelo na sombra, nas rúas, nos medios, e onde sexa. ? o labor normal en todos os sistemas democráticos. A oposición ten que anunciar o seu traballo, as súas peticións, a denuncia das deficiencias, as propostas, as actuacións de control….Senón, ¿para que estamos?.
outro · 22-08-2012 a las 19:11
Exactamente a isto me refería ¿a quen lle toca agora?
qepasadamonada · 23-08-2012 a las 14:51
Saba q eqivocado estas, eu non sinto odio por ninguen e menos por ti unha persoa que nin me vai nin me ben, pero consegues sacarme de quicio, q e diferente a sentir odio. Pero como che estan a decir, e mellor deixar d darlle voltas a esto por que non gañamos nada. Cada un sabera o que ten q facer. Agora ben, repitoche q si fixeras as cousas ben sin intentar decir de ti mesmo o que consegues seriache moito mellor. Hai que ser humildes para conseguir algo nesta vida. Asi que hunildade saba, humildade.
sobreiras · 26-08-2012 a las 01:31
Si Sabariz non sube as novas, esta páxina (a que un día o Sr. Angueira, chamou zafia nun Pleno) estaría morta. Non existe xente neste pobo tan traballadora coma él, dedicación plena o servizo dos seus veciños sin cobrar.Xa vedes o traballadores que son o BNG e PSOE, consultade as súas páxinas e veredes que actuales están, puro aburrimento. Estes nunca traballaron. Adiante Sabariz, todo o que oias na túa contra, que che entre por un oido e che saia polo outro.
javahacks · 27-08-2012 a las 15:35
A imaxe dunha vila xa a da o propio Sabariz, facendo uso de calquer tipo de aparcamento para os seus intereses. Neste caso é unha imaxe nunha zona de prohibido estacionar(maximo permitido de 2 minutos) e podo asegurar que estivo ali polo menos 30 minutos, desde que eu o vin. Non teño imaxes de cómo aparca en minusvalidos, pero nun futuro estarei mais atento. Aquí, a proba:
http://subefotos.com/ver/?b62a3a5d58aecd7976a61bff6e8fd52co.jpg
Luis Angel Sabariz Rolán · 27-08-2012 a las 16:56
Pois estacionei ás veces fronte a Plazuela porque este espazo foi concebido como de carga e descarga (como en San Lois fronte ao Bar Taxi) de luns a venes on horario de 9 a 12 horas e de 17 a 19 horas e fóra desas horas podían estacionar os vehículos particulares. Ata a renovación da Plazuela estaba alí o sinal para indicar o que digo, pero é certo que logo non se voltou a colocar para non prexudicar a pedra. Deste xeito agora, sen sinal e co zig/zag amarelo, pois pódese sancionar a calquera hora aínda que non me consta denuncia algunha a ninguén nesa zona. Actuei polo costume, pero vou tratar de non volver a deixar o coche alí a ningunha hora.
piris · 29-08-2012 a las 13:21
Don Perfecto cometeu un erro, pero a xustificación…..do máis infantil (coma sempre)
Luis Angel Sabariz Rolán · 29-08-2012 a las 15:12
Todos cometemos erros, «piris», e por este estacionamento na Plazuela din unha explicación clara, dando a cara e deixando claro que non penso estacionar máis alí mentres a sinalización estea como agora.