Contestación ó Sr Sabariz pola reixa no Camiño Portugués en Condide
Logo da nota de prensa publicada no día de hoxe na que o Sr Sabariz reclama a reparación dunha reixa no Camiño Portugués, á altura de Condide, na que mostra unha foto na que se ve a falta da reixa e a colocación duns ramos, o equipo de goberno quere matizar o seguinte:
- Xa o día 25 o equipo de goberno se percatou deste incidente e se enviou á Policia Local ó lugar. Despois de recolocar a reixa nos puxemos en contacto con técnicos do Xacobeo para informalos do incidente.
- No día de onte técnicos do Xacobeo xa estiveron na zona e quedaron en solucionar o problema o antes posible.
- Este equipo de goberno considera que este tipo de actuacións son as normais que se realizan a cotío e que non é necesario facer notas de prensa tódolos días tal e como facía o Sr Sabariz cando gobernaba.
- Agora ben, o que si queremos lamentar é a actuación do Sr Sabariz xa que constantemente mediante mentiras e medias verdades intenta desacreditar a laboura do equipo de goberno, intentando que quede na cidadanía a sensación de que o goberno non fai nada. Para demostralo queremos que o propio Sr Sabariz nos explique porqué a foto que lle enviou onte ós medios coma se fose sacada o dia 28, realmente é anterior ó día 25 tal como se demostra na fotografía sacada pola Policia Local, onde sí figura o día que se realizou. Vendo a foto vese claramente que a foto do Sr Sabariz é anterior xa que si fose posterior o único que daría que pensar é que retirou a reixa para facela foto, demostrando así a súa obsesión por utilizar calquer tipo de medio pouco ético para criticar ó goberno.
- O que lle pedimos ó Sr Sabariz é que faga unha oposición responsable sen a utilización da mentira, da hipocresía e da demagoxia. Non todo vale excusándose que a laboura da oposición é criticar.
Foto enviada por Sabariz ós xornáis o día 28
Foto feita pola Policía Local o 25 de agosto
0 comentarios