A ACP solicita que sexa instalada dunha vez a Cruz de Infesta.
Na tarde do 13/07/12, desplomouse esta cruz causando pequenos danos a un neno que se atopaba xogando na zona e que, ao parecer, xa foron avaliados pola compañía aseguradora da responsabilidade civil do concello.
Os trozos na cruz quedaron espallados no seu día pola zona, e no pleno ordinario do 30 de xullo de 2012, a concelleíra de IP, Flora Ferreirós, solicitou que se colocase de novo a cruz e que, alomenos, foran rertirrándose xa os trozos de pedra ante o perigo que representaban nesta zona de Infesta, bastante concorrida pois por alí pasa o Camiño Portugués da Ruta Xacobea.
Sorprendentemente, o concelleiro de obras, Ángel Manuel Souto Cordo, afimou no pleno que antes de colocar a cruz había que pedir un informe ao técnico municipal por se houbera responsabilidades dos compoñentes do grupo de goberno que tiñan competencias de xestión cando a cruz foi colocada xa que poidera ser que a obra fora mal executada.
Pois ben, hai que dicir que a obra de rahabilitación desta zona de Infesta na que incluía a colocación desta cruz foi executada dentro dun programa LEADER PLUS en 2006 (a cruz en concreto foi colocada en outubro de 2006) sendo presidente da corporación daquela o actual alcalde, Manuel Luis Álvarez Angueira e o técnico municipal é agora o mesmo que dirixiu esta obra en 2006.
Pois ben; solicítase a Souto Cordo que informe á opinión pública das conclusións do informe do técnico municipal e se hai responsabilidades na actuación do alcalde, doutros membros do goberno local de entonces, do técnico, da empresa instaladora, ou de quen sexa. Tamén instase a que, independentemente da investigación do concelleiro de obras, a cruz sexa colocada con toda urxencia. ? certo que os trozos foron retirados logo da pregunta plenaria, pero xa pasaron dous meses e a cruz non foi reposta permanecendo alí só a base. Un dato máis que nos amosa o abandono no que esta sumido o noso municipio con este goberno.
Pontecesures, 19/08/12
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures
2 comentarios
papagos · 21-09-2012 a las 12:11
Está moi claro que a congruencia tampouco é o seu Sr Sabaríz, se non lle gusta a cruz e táchaa de esperpento porque esixe a inmediata colocación?
Fíxese estou de acordo con vostede en que a cruz é horrenda e como veciño insto ao equipo de goberno a que aproveite a ocasión para retirala e cando haxa cartos coloquen algo máis digno no lugar.
Permítame un matiz, é certo que cando se remodelou esa zona o alcalde era o Sr Angueira, pero a responsable directa desta remodelación e suma expresión de mal gusto foi a Sra Maribel, concelleira dese goberno con salario grazas ao seu voto Sr Sabaríz, despois vostede retiroulle o salario e saíuse dese tripartito pero esa historia xa a coñecemos todos.
Curiosamente debeu de gustarlle moito o traballo desta sra xa que non dubidou en facela alcaldesa uns meses máis tarde, a pesar de ter que converterse no primeiro tránsfuga da historia da democracia en Pontecesures. En fin, peculiaridades políticas.
Luis Angel Sabariz Rolán · 21-09-2012 a las 15:43
Hai que documentarse ben do sucedido, «papagos», e non escribir ao chou. A cruz que critiquei foi a primeira que su puxo, pero fixen unha queixa e logo colocouse outra cruz en outubro de 2006, (pouco despois) substituíndo á que considerei esperpento. A segunda foi a que se deplomou o 13 de xullo. Non era ningunha marabilla pero tampouco foi criticada por min.
Por suposto que quero que se coloque a cruz, foi o decidido para ese paraxe cando se redactou o documento técnico e cando se fixo a obra de remodelación do espazo. Para min non se debe colocar outra cousa e hai que respectar a vontade que se tivo naquelas datas.