ACP pide que se dejen de pagar horas por activar un bombeo.
Xa hai varios meses, este concelleiro solicitou a listaxe de horas extraordinarias por traballos realizados fora de xornada polos traballadores municipais durante 2011, e despois de moito tempo informouseme das cantidades globais percibidas por servizos pero sen cuantificar as horas traballador por traballador, aludindo indebidamente á normativa de protección de datos. Como concelleiro, e para realizar as tarefas de fiscalización, teño todo o dereito a coñecer as cifras individualizadas (coa obriga de reserva para non utilizar os datos para outros fins, claro).
No pleno ordinario do pasado 30 de xullo expusen a miña queixa sen que nada cambiase no proceder do goberno local ao que lle interesa manter un obscurantismo sobre este tema para que non coñeza a cidadanía as cantidades que se pagan por traballos fóra da xornada de traballo.
Pois ben; teño coñecemento que pola simple tarefa de activar ou desactivar un interruptor para poñer en marcha ou deter o bombeo de augas de abastecimento na estación da Barca moitas tardes, hai que pagar sempre ao mesmo traballador unhas cantidades fixas e periódicas por traballos fóra de xornada. O normal sería facer isto á hora de entrada no traballo e na hora de saída agora que ademais o canal de subministro non perde prácticamente auga logo do labor de impermeabilización realizada polo goberno anterior.
Enténdese que haxa que facer este labor as fins de semana (aínda que a tarefa tamén podería facela de cando en vez outro traballador os sabados, domingos e festivos, compensando o labor en tempo da xornada semanal), pero que, por sistema, o mesmo traballador pase horas todos os meses polo labor diario no bombeo da Barca, non é de recibo.
En consecuencia, prégase ao goberno local que sexa corrixida esta situación eliminando os gastos que isto ocasiona ao concello. Coa crise actual as medidas para eliminar este tipo de gastos son moi necesarias.
Pontecesures, 21/09/12
Luis Ángel Sabariz Rolán
ACP de Pontecesures
6 comentarios
papagos · 24-09-2012 a las 10:08
Como se lle ve o plumeiro Sr Sabaríz, a vostede que é o que lle molesta que se paguen as horas pola realización deste traballo ou que se lle paguen a ese traballador en concreto?… é obvio que lle molesta máis o segundo que o primeiro, claro, que se vai esperar de alguén tan indecente coma vostede.
Aínda por riba é vostede un mentireiro e un manipulador, este traballador non só activa e desactiva o motor en cuestión, por certo pola mañá en horario laboral, senón que tamén se ocupa do mantemento do mesmo, comprobando o seu funcionamento e reparándoo en caso de avaría. Claro que según vostede esto podería facelo calquer traballador e en caso de que o motor non arrincase a quén chamaría para reparalo? a unha empresa privada quizais?
Se lle preocupan tanto os gastos no concello, porque non renuncia vostede a cobrar por asistencia a plenos e comisións? dende logo o seu esforzo por dita asistencia non é comparable a ir tódolos días, sábados, domingos e festivos incluídos, a ocuparse do bombeo da auga do pobo; claro que según vostede esto débese facer gratis non si Sr Sabaríz?, non se pode ser máis miserable.
Luis Angel Sabariz Rolán · 24-09-2012 a las 15:14
Estou en contra de que se paguen horas innecesarias para acender ou apagar un motor cando dita función pola semana pódese facer en horas de traballo e na fin de semana compensando, no posible, esta función en tempo. Non pode ser que en cada nómina haxa esta retribución fixa por horas realizadas fóra da xornada. Se hai avarías no bombeo, ou noutro sitio, entón hai xustificación, é outra historia.
O goberno local deixoume fóra das comisións «pagagos» a asi só percibo 20 euros por pleno (19,60 máis ben, porque hai que descontar un 2% de IRPF xa que estas cantidades hai que incluílas na declaración co que quedan nuns 15 euros, aproximadamente). O sexa como hai un pleno ordinario cada dous meses percibo 9,80 euros cada mes, aínda que pode haber algún outro extraordinario. Antes eran 24 euros por pleno, pero propuxen baixar a 20 euros e agora así quedou. Non da para moito logo do traballo que se realiza, pois teremos entre ordnarios e extraordinarios 10 plenos ao ano (196 euros anuais). Dame para pagar o recibo lo lixo, o do imposto de vehículos e pouco máis. Algo é algo.
o palillo · 24-09-2012 a las 21:30
os cartos eses son de todos e despois di que non recibe nada do concello parecelle pouco ,o unico que fai e meterse donde ningen o manda .Despois di que lle da para pagar eses impostos pois xa e de carallo que outros cos tempos que corremos costanos de carallo telos e vostede dio todo cheo de razon ,tan sequera tubera bergonza e calaro cada dia dame mais rabias estes politicos debian desaparecer todos ,que asco de pobo.
Luis Angel Sabariz Rolán · 25-09-2012 a las 00:46
Tu comentario, «o palillo», me parece totalmente fuera de la realidad. En Pontecesures, es donde menos cobra un concejal por asistir a las sesiones. Percibir unos 196 euros al A?O por 10 plenos y con la obligación además de incluirlos en la declaración de IRPF, es una cantidad muy baja.
javahacks · 25-09-2012 a las 09:44
Xa queda ben claro quén quere vivir da politica, e quen quere vivir para a politica.. Tranquilo Saba, solo es un mais dos miles de politicos peseteros deste maldito país.
VLADIMIR · 25-09-2012 a las 14:41
Ao final o Sabariz tiña razón, onte no Pleno seique foi a de Dios… Angueira un maleducado de carallo, non deixa falar a Sabariz nin de coña, seique lle dicía Sabariz cal é a pregunta, cal é a pregunta, outra pregunta, veña home faga a pregunta, cal é a pregunta….non deixaba ao Saba abrir a boca…. pero a máis gorda parece que cando o Sabariz preguntou polas HORAS EXTRAORDINARIAS do traballador PROTEXIDO…os que estaban no PLENO quedaron EMPACHADOS… saltaron Angueira e Cecilia como dous DRAGONS en defensa da TRANSPARENCIA do equipo de goberno… jojojo… transparencia sí pero quén fai as horas, cántas, e o por qué da periodicidade…. aí a transparencia voltase OPACIDADE…. houbo quen dixo que XA VOLTOU A DICTADURA… Angueira tomou posesión do cargo… e digo eu que xa iba sendo hora…