A ACP explica a súa postura sobre o persoal da Escola Infantil de Pontecesures e o debate plenario.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A ACP lembrou no pleno que parece que cando está o BNG á fronte do goberno local hai problemas co persoal da gardería. Así en 2006 pedíronse explicacións pola non renovación dunha traballadora ante a publicación dunha crítica na internet, decíndonos que era cuestión da empresa, hai pouco houbo tres traballadoras sancionadas con sete días de emprego e soldo e se nos contestou no pleno que tamén era cuestión da empresa.

Agora, cambiando totalmente de criterio, obsérvase que o goberno fai súa unha nota dos sindicatos, como recoñeceu no pleno ao tratarse dun texto standart para varias institucións, e pola inconcreción pedimos onte que quedara o asunto sobre a mesa (non foi aceptado polo goberno local que aprobou a moción cos seus votos), como os outros concelleiros da oposición, polas seguintes razóns:

1. Pensamos que estamos diante dunha moción de parte e antes de debatirse debe explicarse por parte das traballadoras, dos sindicatos ou do goberno local o que está a suceder. Para pronunciarse, hai que detallar as irregularidades concretas que se reflicten no convenio, quenes foron os traballadores presionados, en que consistiron as presións, etc

2. Para debater esta cuestión a fondo hai que estudar aspectos fundamentais da recentemente aprobada reforma laboral en aspectos de representatividade, xa que preténdese substituir un convenio nacional por outro da propia empresa. Non é posible empeorar o convenio segundo a normativa, pero como non se coñecen nin as retribucións ofertadas nin outras cuestión do proxecto de convenio, nada podemos dicir.

3. Resulta contradictoria a defensa dos sindicatos por parte do goberno local. Con incumprimento da normativa néganse a dar información aos delegados sindicais da institución sobre os traballadores do concello que percibiron horas extraordinarias, despois de solicitalo hai varios meses, con claro afán obstruccioinsta e agora esixen dereitos aos demais.

4. Por suposto a ACP, como sempre fixo, apoia ás traballadoras da escola infantil de Pontecesures, e espera que obteñan as mellores condicións posibles na súa relación laboral.

Pontecesures, 25/09/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.