Actividades da A.C. Algueirada, curso 2012/2013.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Como noutros cursos, esta asociación que xestiona o grupo folclórico “Algueirada” da a coñecer os horarios das súas actividades, que son os seguintes:

GAITA (Monitora, Adriana Rivas Seijo): Os venres de 17 a 20 horas, segundo idades, no Centro Social de Pontecesures.

BAILE (Monitor, Emilio Ríos Freiría):
Iniciación e nivel medio. Os mércores, de 17:45 a 19:30 horas, no pavillón de Pontecesures.
Maiores: Os sábados de 21 a 22 horas no pavillón de Pontecesures.

PANDEIRETA (Monitora, Carlota Vidal Leal):
Iniciación: Os sábados, de 19 a 20 horas no edificio do Club Xuvenil de Pontecesures.
Maiores. Os sábados, de 20 a 21 horas no edificio do Club Xuvenil de Pontecesures.

Faise un chamamento para asistir a estas clases e formar parte dun grupo que se consolida día tras día como un referente folclórico na comarca.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.