O día 12 de outubro, festividade do Pilar en San Xulián.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

-Pola mañá haberá pasarrúas a cargo do grupo de gaitas da A.C. Xarandeira de Pontecesures.
-Ás 12:00 horas terá lugar a Misa Solemne na Capela do Pilar de San Xulián con sermón oficiada polo párroco, Arturo Lores Santamaría, que será cantada polo coro SI VIS ME CANEDE de Santiago de Compostela.
-Ao remate procesión coa imaxe da Virxe do Pilar en San Xulián pola rúa do mesmo nome.
-De seguido, actuación do grupo folclórico da A.C. Xarandeira de Pontecesures,

O custo da misa solemne é afrontado pola familia Otero Vidal, mentres que o custo do coro é afrontado pola asociación de veciños de San Xulián que se encarga da organización dos actos.

Lémbrase que dende o día 3 de outubro e ata o propio 12 de outubro, hai todos os días misa e novena ás 19:30 horas na Capela do Pilar.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.