Fracaso total da Mesa Local de Comercio de Pontecesures.
NOTA DA ACP DE PONTECESURES.
Está a punto de cumprirse o primeiro aniversario da constitución da Mesa Local de Comercio de Pontecesures (foi o 6 de novembro de 2011), que está presidida pola 3ª tenente de alcalde de Pontecesures, Cecilia Tarela, e da que tamén forman parte como vogais, os concelleiros do goberno municipal, Ángel Souto e Roque Araújo xunto cun representante dos comerciantes de Pontecesures, outro das asociacións de consumidores e tamén outro da Xunta de Galicia.
Pois ben; resulta incrible que nun ano non houbera nin iniciativa nin sequera reunión algunha da mesa. Un fracaso absoluto para un órgano totalmente morto que se creou para cumprir un trámite da Lei de Comercio de Galicia e nada máis.
Lémbramos á veciñanza que a oposición solicitou no seu día participar nas reunións cos comerciantes previas á formación da Mesa e incluso para ter un representate na mesma co fin de propoñer iniciativas, facer suxestións, etc.., pero fomos vetados daquela polo goberno local que vemos que nin traballa nin deixa traballar. O de sempre, é a apatía e o desinterese habitual do equipo de goberno.
Preguntamos á presidenta Cecilia Tarela se ten previsto algún cometido ou función para a Mesa de Comercio, pois de non ser así o mellor é que desapareza para que ninguén se sinta enganado.
Pontecesures, 31/10/12
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concejal de ACP Pontecesures
5 comentarios
Princo · 1-11-2012 a las 14:54
Para falar de fracasos alleos, non estás capacitado
Luis Angel Sabariz Rolán · 1-11-2012 a las 14:59
Só faltaría que non poidera opinar coma concelleiro (e como veciño) do labor da Mesa Local de Comercio. «princo». Unha nulidade, fracaso total e absoluto. A pesar das tres dedicacións exclusivas con soldo que pagamos todos, goberno apático.
Tiroliro II · 2-11-2012 a las 18:32
Non por esto da mesa do comercio que o final importalle a todo mundo tres carallos pero en xeral a xente di que este goberno non fai nada e que non soluciona nada, algun xa bota de menos a maribel a da escola que xa e decir, ademais o de cobrar tres do goberno nestes tempos de crisis e con moitos veciños que foron o paro esta sendo criticado en todas partes
Princo · 3-11-2012 a las 12:52
aajajaajaj, que volva maribel??
Tiroliro, mais che vale cambiar de aires, porque non sei con qué clase de xente te relacionas.
que volva maribel seica.. ajajja
Becquer II · 6-11-2012 a las 18:53
Ni con Mesa ni sin Mesa
un gobierno apalancado
todo queda abandonado
y la villa no progresa.