Padrón rinde homenaxe ao mundo teatral galego.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, do PP, ensalzou onte a traxectoria interpretativa da actriz Patricia de Lorenzo, que onte recolleu o premio de teatro Maruxa Villanueva nun concurrido acto que se celebrou no auditorio municipal de Padrón. Ante unha nutrida representación de persoeiros da vida cultural, política e social da zona, o auditorio padronés rendiu onte o seu particular homenaxe ó mundo dos cómicos galegos, un encontro que se pechou coa posta en escea da obra de Chévere Citizen que interpreta a actriz galardoada nesta XI edición dos premios que organiza o Concello padronés.

Na súa valoración da galardonada, o xurado do premio Maruxa Villanueva destacou a capacidade de emprendemento e o “activismo teatral” de Patricia de Lorenzo, quen emocionada recibiu un busto de bronce de Maruxa Villanueva elaborado polo artista local Camilo Seira, un premio en metálico de 1.200 euros e un diploma acreditativo.

EL CORREO GALLEGO, 04/11/12


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.