A comisión que tratará a suba das taxas da auga o saneamento e do cemiterio será hoxe ás 13:30 horas.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

A orde do día da Comisión Especial de Contas, Facenda, Patrimonio e Contratación leva como primeiro punto a aprobación do anterior e como segundo, terceiro e cuarto a aporbación das ordenanzas fiscais da taxa da auga, do cemiterio municipal e dos sumidoiros, respectivamente. Pretende así o equipo de goberno subir estas tres taxas para 2013.
Preside esta comisión informativa, Arturo Ferro (BNG) e forman tamén parte dela, Manuel Luis Álvarez Angueira (BNG), Roque Araújo (PSOE), Juan Manuel Vidal (PP) e Maribel Castro (IP).
Lémbrase que esta comisión só emite un ditame. A decisión da elevación ou non das taxas correspóndelle ao pleno que se celebrará, ao parecer, nos vindeiros días.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.