Festa da Raíña dos Anxos en Carreiras.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

cruceiro_carreiras

Cruceiro de Carreiras
Data do ano 1747. No nacente figura a imaxe da Raiña dos Anxos, patrona do lugar.

Será o sábado 12 de xaneiro co seguinte programa:
-Pola mañá, disparo de foguetes e pasarrúas a cargo do grupo Algueirada
-Ás 12:30 horas, Misa Solemne na Parroquial de Pontecesures cantada polo coro da A.C.Pontecesures.
-De seguido, poxa de ramos no Parque de Carreiras.
-Pola noite gran verbena no campo da festa coa orquestra Limón e con “La Dulce María” en concerto. Haberá carpa.

A Comisión de Festas de Carreiras, que organiza este día na honra da Raíña dos Anxos, agradece aos veciños, aos establecementos comerciais e ao Concello de Pontecesures a súa colaboración.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.