Aclaracións do grupo municipal do Partido Popular de Pontecesures referente á convocatoria da Mesa Local do Comercio.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Coñecida por medio da prensa escrita a convocatoria da Mesa Local do Comercio de Pontecesures o pasado 19 de decembro, e donde se acusaba ó concelleiro do Partido Popular, Vidal Seage de enganar á cidadanía, este concelleiro desexa expoñer o seguinte:

a) A nova na prensa fai referencia, segundo o seu titular, a «??Buscan ??emprendedores? para cuatro puestos vacíos de la plaza?» aludindo a que esta foi unha das iniciativas que se adoptaron na celebración da devandita reunión da Mesa Local do Comercio celebrada, segundo a nota de prensa, o pasado 19 de decembro.
Pois decir que, a xuizo do que isto escribe, mal empezamos cando publicamos a necesidade de ??emprendedores? un mes máis tarde da toma desa decisión da mencionada mesa local, e motivada pola nota de prensa do grupo popular.
Da a sensación de que se tratara dunha ??reunión clandestina?, cando o que se debera ter feito é darlle a máxima difusión ás conclusións que se adoptaron, e, como é o caso, informar de postos baleiros na praza de abastos por se algún comerciante estivese interesado en ocupalo, ou senón ¿cómo tiñan pensado que eses ??emprendedores? se deran conta..?.
Xa nos ten acostumbrado este equipo de goberno da súa suficiencia á hora de implementar medidas ??per se? prescincindo de calquera aportación que, con máis ou menos acerto, lles poida dar a oposición; o que resulta xa máis insólito é que non se faga publicidade de ningún tipo destas convocatorias nin das conclusións e medidas encamiñadas a mellorar o comercio na nosa vila.

b)No referente á ??enganar á cidadanía?, decir que a Mesa Local do Comercio constituiuse o pasado 6 de novembro de 2011, debendo, seguundo o texto legal, convocarse antes do 6 de novembro de 2012.
Pois ben; pese a ser convocada o 19 de decembro como se recolle na prensa, indicar que afirmar o incumprimento da devandita lei non é enganar a cidadanía, é a constatación de que se convocou con máis dun mes de retraso ao que está legalmente estipulado.

Queda patente, unha vez máis, que o de contar días e prazos non está a ser o forte deste equipo de goberno.

Pontecesures, 18 de Xaneiro de 2013

Juan Manuel Vidal Seage

Voceiro Grupo Municipal PP.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.