Actividades dos “Maios” en Pontecesures.

O pasado sábado falamos do maio e de maio: 𝐝𝐚𝐬 𝐚𝐜𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬 𝐞 𝐝𝐨𝐬 𝐫𝐢𝐭𝐨𝐬 𝐯𝐞𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐚𝐝𝐨𝐬 𝐚 𝐞𝐬𝐭𝐚 é𝐩𝐨𝐜𝐚 𝐝𝐨 𝐚𝐧𝐨. A colaboración das mulleres que participaron na actividade foi decisiva para, por unha banda elaborar o maio e, por outra, para coñecer e descubrir ritos e costumes da zona.

No mes de maio, na Ascensión, as mulleres embarazadas non podían, dende que saía o sol ata que volvía a poñerse, realizar ningunha actividade, nin sequera peinarse; a colocación da xesta é un rito propio da nosa comarca para evitar quedar “amaiado” o resto do ano e descoñecido para os e as asistentes que viñeron doutras vilas; no San Isidro Labrador non se podían traballar as leiras, xa que existía a crenza de que perxudicaría ás colleitas…..

Temos que 𝐚𝐠𝐫𝐚𝐝𝐞𝐜𝐞𝐫 𝐨 𝐞𝐧𝐨𝐫𝐦𝐞 𝐭𝐫𝐚𝐛𝐚𝐥𝐥𝐨 𝐫𝐞𝐚𝐥𝐢𝐳𝐚𝐝𝐨 𝐩𝐨𝐥𝐨 𝐠𝐫𝐮𝐩𝐨 𝐝𝐞 𝐦𝐮𝐥𝐥𝐞𝐫𝐞𝐬 𝐪𝐮𝐞 𝐞𝐥𝐚𝐛𝐨𝐫𝐚𝐫𝐨𝐧 𝐮𝐧 𝐦𝐚𝐢𝐨 𝐦𝐨𝐢 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐜𝐮𝐥𝐚𝐫 𝐯𝐞𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐚𝐝𝐨 á 𝐧𝐨𝐬𝐚 𝐜𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚, 𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐩𝐚𝐭𝐢𝐟𝐚 que estará exposta na Praza de Abastos, e que aportaron a súa transmisión de coñecemento en torno a costumes descoñecidas para a maioría.

Concello de Pontecesures

Pontecesures celebrará el magosto con un campeonato de chave y reparto gratis de castañas y bebida.

El Concello de Pontecesures celebrará este sábado, 9 de noviembre, una fiesta por el magosto en la que se rapartirá de forma gratuita castañas asadas y bebida. El evento se celebrará en el entorno de la Praza de Abastos y se completará con un campeonato de chave en el paseo marítimo.

Será la primera edición del torneo y arrancará a las 16 horas. Las personas interesadas en participar pueden inscribirse hasta el viernes, 8 de noviembre, llamando la número de teléfono 605/870550. El evento está organizado por la asociación cultural e deportiva “Estornela” con la colaboración del concello.

Diario de Arousa

O vindeiro sábado, Día do Mercado en Pontecesures.

Este sábado 25 de maio agardámoste na Praza de Abastos!
Como sabedes, na nosa praza temos de todo para todos os días: peixe, carne, verduras, froitas e moito máis.
Para celebrar o Día do Mercado, poderemos degustar diferentes elaboracións realizadas por unha cociñeira profesional con productos frescos. Ademáis, repartirase entre todas aquelas persoas que se acheguen á Praza de Abastos material promocional do acto!
Anímate e consume local!

Concello de Pontecesures

Recollida de tapóns na Praza de Abastos de Pontecesures.

O Concello de Pontecesures informa que está dispoñible na Praza de Abastos un contedor para recollida de tapóns en colaboración coa Fundación Seur.

A Fundación Seur é unha Fundación sen ánimo de lucro. A súa misión é axudar aos colectivos desfavorecidos, con especial atención á infancia, a través da loxística solidaria, para que a axuda chegue a quen máis a necesita.

“Tapones para una nueva vida”, é un proxecto co que xa conseguiron axudar a 205 nenos e nenas mediante a reciclaxe de tapóns de plástico. Esta iniciativa permitiu achegar 1.402.052 euros para axudar a financiar tratamentos médicos e ortopédicos que non estean cubertos pola seguridade social, ou só parcialmente. Pero isto non é todo porque, grazas a este proxecto e á axuda de todos, xa se reciclaron 8.019 toneladas de tapóns de plástico, evitando a emisión de 10.044 toneladas de CO2, o principal gas causante do cambio climático.

Concello de Pontecesures

SAMAIN 2021 – PONTECESURES

O vindeiro venres 29 de outubro festexamos o Samaín en Pontecesures. A partir das 18 horas, os veciños e veciñas poderán achegarse á Praza de Abastos e sumarse ás celebracións arredor desta data.Haberá un desfile de disfraces con premios para os máis terroríficos e elaborados; para participar no mesmo tan só vos tedes que anotar no mesmo día. Poderedes traer tamén as vosas cabazas a concurso e conseguir algún agasallo; pero, sobre todo, non esquezades reunir valor e coraxe suficiente para enfrentar o espeluznante día en que, contan, é mais sinxelo transitar entre o mundo dos vivos e dos mortos…