PRESENTACIÓN DA EXPOSICIÓN “O CAMIÑO POR MAR” NA PRAZA DE ABASTOS DE PONTECESURES (10, 11 E 12 DE OUTUBRO NA PRAZA DE ABASTOS DE PONTECESURES).

Exposición “O CAMIÑO POR MAR” sobre a viaxe do barco “NAOMH GOBNAIT”, a historia duns amigos que fixeron a travesía a remo entre IRLANDA e GALICIA. 10, 11 e 12 de outubro na Praza de Abastos de Pontecesures.

Presentación e apertura da exposición:

Xoves 10 de outubro ás 10.00 horas na Praza de Abastos.

Neste acto de presentación estarán presentes:

  • Juan Manuel Vidal Seage, Alcalde de Pontecesures.
  • Manuel Lara Coira, Presidente de BUXA (Asociación Galega do Patrimonio Industrial).
  • Anxo Angueira, Presidente da Fundación Rosalía de Castro e membro da Asociación Cultural DORNA DA ILLA DE AROUSA.
  • Raimundo Vázquez Iglesias, Concelleiro de Cultura de Pontecesures.

Cabe destacar que tamén se expoñerá unha embarcación tradicional dorna (de nome “Roxiña”), que foi cedida para este evento pola Asociación Cultural DORNA DA ILLA DE AROUSA.

CAMBIO DE LOCALIZACI?N DO MERCADO MUNICIPAL DE PONTECESURES.

A partir da vindeira xornada de mercado municipal en Pontecesures, prevista para o venres 2 de xuño, vaise cambiar a ubicación dos postos de venta, pasarán da Rúa San Lois (ubicación actual) ás inmedicións da Praza de Abastos na zona portuaria. Este cambio de localización dos postos faráse efectivo xa na xornada do 2 de xuño e seguirá vixente nas vindeiras xornadas de mercado.