Segundo as averiguacións realizadas pola Policía Local, o causante dos danos foi un camión da recollida de lixo o martes, 13 de abril, sobre ás 16 horas. Estanse a facer xestións para que o dano sexa afrontado pola compañía aseguradora, pero mañá será arranxada a cuberta que debe estar en perfectas condicións para os eventos festivos que temos en Pontecesures esta fin de semana.
BALONCESTO: O CANTEIRAS DE PORRI?O E O EQUIPO A ELIMINAR NESTA FIN DE SEMANA PARA QUE AS NENAS INFANTÍS XOGUEN LIGA GALEGA
Logo do sorteo efectuado na Federación Galega a principios de semán, foi o Canteiras de Porriño quen saiu coma rival co que se vai cruzar o noso equipo infantil feminino. A eliminatoria a dobrepartido é esta vindeira fin de semana.
Sábado ás 12 h. xogarase o 1º partido, en Pontecesures. ? día seguinte, domingo 1, partido de volta en Porriño, tamén ás 12 da mañá. O equipo gañador da eliminatoria pasará á liga galega 2009-10.
Esperamos conbtar con numeroso público tanto no partido da casa, coma no desprazamento afora. Para elo, sairá un autobus, o domingo 1 dende a explanada a carón da praza de abastos, ás 9.30 da mañá. A chegada está prevista en torno ás 15 horas. A viaxe será gratuita para as xogadoras e acompañantes, ata encher o autobus.

SORTE RAPAZAS.
Doazóns de sangue en Pontecesures.
A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará o mércores 30 de setembro de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas no lateral da PRAZA DE ABASTOS.
Faise un chamamento á veciñanza para que acuda o doar sangue ese día. E unha colaboración importante para todos.
O PP de Pontecesures organiza unha excursión á festa do PPdeG en Silleda.
Será o sábado, 26 de setembro. O autobús sairá da parte traseira da Praza de Abastos, ás 10 horas. O PP de Pontecesures convida aos afiliados e simpatizantes a esta excursión, facéndose cargo tanto dos gastos da viaxe como do xantar a agrupación dos populares cesureños.
O venres día 17 de xullo, excursión do grupo “Algueirada” ao parque acuático de Cerceda.
A expedición deste grupo folclórico cesureño saírá o venres día 17 de xullo dende a parte traseira da praza de abastos de Pontecesures para pasar un día de lecer no parque acuático de Cerceda.
Nun principio a excursión ía ter lugar mañá xoves, pero aprazouse un día, xa que os prognósticos meteorolóxicos son de choiva para o día 16 de xullo.
