Nota sobre as aclaracións do PP sobre a Mesa Local de Comercio.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES o

Dende o goberno municipal de Pontecesures queremos facer as seguintes aclaracións:

O PP de Pontecesures volve a deixar en evidencia de que non se entera de nada.

-As reunións da mesa local de comercio son de carácter anual. Non estaba fora de ningún prazo, senón dentro do ano correspondente. Non se celebrou antes porque estivemos esperando a que os representantes, tanto da Xunta como da Asociación de consumidoras, puideran asistir.

-Clandestinidade. Gustaríanos que nos explicasen a que se refiren. Xa que nunha reunión á que están convocados representantes da Xunta, dunha asociación de Consumidoras de Vilagarcía, dos comerciantes de Pontecesures e goberno resulta tan numerosa, que non se pode cualificar como clandestina.

-Toda a información referente a este tema está a súa disposición no Concello.

-Respecto ós postos da Praza de Abastos informámoslle que nos vindeiros días vaise a adxudicar un deles e hai propostas sobre a mesa para outros dous.

Os deberes do goberno municipal están feitos. Convocouse a mesa no seu tempo e forma. Sigue a traballar nas propostas expostas, coma a de revitalizar a praza de abastos, e mandouse a acta correspondente a Xunta de Galicia.

O que lle pedimos o PP de Pontecesures e que se informe antes de facer unha nota onde volven a enganar a cidadanía. Facer oposición sen información chámase manipulación.

Xa estamos a comprobar  nas noticias dos últimos días, que respecto a manipulación, como noutras malas artes, son verdadeiros expertos.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.