Subasta de lacóns pasada por auga en Cordeiro.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

PROCESI?N E SUBASTA DOS LAC?NS CORDEIRO VALGA /

A Procesión dos Lacóns partiu sobre as 10:30 da mañá da capela de Vila.

Entre nubes e claros, que dirían os meteorólogos. Así transcorreu a Procesión dos Lacóns percorreu na mañá de onte a parroquia de Cordeiro con San Roque, San Antonio e San Paio compartindo protagonismo coas sete mulleres que portaban sobre as súas cabezas cestas cheas de lacóns. Case dúas horas e media tardaron en cubrir o traxecto entre a capela de Vilar e a igrexa parroquial de Cordeiro, un pouco baixo a chuvia e outro con raios de sol. E sempre co estourido das bombas marcando o paso da procesión e as súas paradas aldea tras aldea: Vilarello, Moldes, Outeiro, Eiras, Ferreirós e Beiro. Un altar recibía aos santos en cada lugar e veña a botar máis bombas. Nalgunha parada tamén houbo pinchos e un viño para repoñer forzas, aínda que a comedela maior reservábase para a chegada á igrexa, onde o cura agasallou aos romeiros con toda clase de aperitivos.

Notábase que era fin de semana porque o campo da festa estaba máis concurrido do normal, incluso antes de que a procesión fixera a súa entrada triunfal na igrexa. No altar agardaba San Blas (que hoxe celebra tamén o seu día) para facer reconto de lacóns. Un total de dez. Quen máis e quen menos xa lles ía botando o ollo pensando na subasta. Porque a pregunta máis repetida onte en Cordeiro era: ??Vas poxar??. Quen sabe se foi por providencia divina ou polo efecto de tantas bombas, pero o certo é que nada máis empezar a subasta caeu o diluvio. A chuvia marcou a poxa. ??Veu no por momento, non se oía nada nin se vía cos paraugas?, lamentaba despois Manuel Castiñeiras, que exerceu de ??apuntador? mentras Franciso García ??Chico? animaba á concurrencia a afrouxar o peto e subir a poxa. Á unha, ás dúas e ás tres…

Oitenta e cinco euros foi o prezo máximo que se pagou por unha peza, a primeira e unha das máis grandes. A recadación total, 502 euros, superou á do ano pasado, cando se xuntaran 431. Así que, a pesar da chuvia, o balance tampouco non foi malo. E para os que tiñan gañas de botar uns bailes, aínda houbo tempo para a sesión vemú con ??Airiños do Meda?, que un ano máis foron os encargados de poñer a música no día da Candelaria.

DIARIO DE AROUSA, 03/02/13


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.