Bases do concurso de Entroido de Pontecesures 2013.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

BASES

-As inscricións de grupos poderán realizarse ata as 14 horas do venres 8 de febreiro nas oficinas do concello. Tamén poderán formalizarse as inscricións o mesmo día do concurso, das 16 ata as 17 horas. A partir das 17 horas, péchase o prazo de inscrición.

-Como condición indispensable, todos os participantes no concurso deberán desfilar no pasarrúas.

-Os inscritos só poderán participar nunha categoría e só terán opción a un premio.

-Todos os inscritos aceptan as condicións establecidas nas presentes bases.

-Establécense tres categorías principais:
Infantil. Parellas e individuais de 0 a 14 anos.
Adulto. Parellas e individuais de 15 anos en diante.
Grupos. Tres ou máis persoas de calquera idade.

-Os disfraces gañadores de anos pasados non poderán volver a competir.

-A entrega de premios farase na Plazuela ao remate do desfile. Os que resulten gañadores deberán recoller eles mesmos o premio ataviados co disfraz que lles valeu o devandito premio, e no momento da entrega un adulto que se identificará cun DNI orixinal os acompañará para asinar o recibín correspondente. O fallo do xurado será inapeláble e poderá declarar premios desertos se o considera oportuno.

-A participación no desfile e concurso supón a aceptación destas bases.

PREMIOS

Infantil (individual). 1º, 2º e 3º. 50, 30 e 20 euros, respectivamente.
Infantil (parellas). 1ª, 2ª e 3ª. 60, 30, e 20 euros, respectivamente.
Adultos (individual). 1º, 2º e 3º. 75, 50 e 30 euros, respectivamente.
Adultos (parellas). 1ª, 2ª e 3ª. 100, 75 e 50 euros, respectivamente.
Grupos. 1º, 2º e 3º. 400, 200 e 100 euros, respectivamente.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.