Percorridos das procesións de Semana Santa de Pontecesures.
PROCESI?N DA CONFRARÍA DA VIRXE DAS DORES
A procesión sairá ás 11 horas do día de Venres Santo da Praza dos Valeiros de Porto, percorrendo logo as rúas Deputación, Portarraxoi e San Lois, para chegar á Plazuela. A Virxe e os confrares esperarán diante do Bar Carabela, para estar na Plazuela cando o predicador comeze a exposición da terceira das palabras do sermón. Os demais acompañantes entrarán na Plazuela ás 12:00 horas facendo un corro a carón da casa da familia Trasande.
PROCESI?N DA CONFRARÍA DA CRUZ (XOVES)
A procesión sairá ás 11:00 horas da rúa Víctor García nas proximidades do Bar Muelle, percorrendo logo as rúas Sagasta e San Lois para chegar á Plazuela. Entrarán directamente na praza e colocaranse no descanso das escaleiras coa Cruz mirando para a Plazuela.
PROCESI?N DA CONFRARÍA DO NAZARENO
A procesión sairá ás 10:30 horas de Carreiras (casa de Edelmira), percorrendo logo as rúas Regueiro de Portas, Ensanche, Camiño de Carreiras, Ullán, San Lois, Estación, Rosalía de Castro, Sagasta, de novo San Lois, para chegar á Plazuela.
0 comentarios