ACP critica ao gobierno por non reparar o cerre do colexio en vacacións.
Hai uns dez días a ACP denunciou una serie de deficiencias no cerre perimetral traseiro do patio do CPI Pontecesures que ocasionan risco para os alumnos. En concreto, facíase referencia ao estado das varillas oxidadas rotas e de punta dunha verxa, a un tramo caído duns tres metros lineais noutra zona (varios bloques do muro e e malla), á maleza que invade unha gran parte do muro traseiro e á rotura dun cristal do ximasio preto de cerre.
Pois ben; pasaron as vacacións de Semana Santa e no día de hoxe no que se reanuda a actividade letiva as cousas continuan como estaban. Sorprende que o goberno local anuncie que se aproveitaron os días de vacacións, sen nenos no recinto, para avaliar os danos e que as actuación íanse facer cando o tempo o permitise. Incrible a xustificación porque ¿que impidiiu facer as valoracións antes con nenos polo patio?, ¿a que ven esta dificultade para colocar nos días da Semana Santa un cristal, uns cantos bloques, un pequeno tramo de malla métalica e una verxa nova?.
Esta pasividade do concelleiro de educación, Roque Araújo, e do goberno local no seu conxunto ocasiona que nestes días de clase teñamos perigo no recinto escolar e malestar por parte de pais e nais de alumnos. Anuncianos o Sr. Araújo con toda a propaganda de cando en vez a simple sustitución de luminarias, a limpeza do patio ou o arranxo ordinario das persianas do colexio (labor de mantemento do concello que se fixo toda a vida no colexio, por obriga legal) e non activa esta reparación tan necesaria. Esperemos que, dunha vez por todas, se arranxen estas deficiencias denunciadas.
Pontecesures, 02/04/13
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro ACP Pontecesures
0 comentarios