O goberno recúa e o alcalde convoca ás churrerías de Pontecesures para o lunes. Nota da ACP.
Logo das denuncias da oposición e despois de coñecer a gran malestar de churreiros/as de Pontecesures pola eliminación do evento do programa das Festas do Carmen 2013, o alcalde convocou áos artesáns do churro para manter unha xuntanza a última hora do luns 1 de xullo para tratar, ao parecer, da VI da Festa que debería ter lugar o día 8 de xullo (festa local en Pontecesures).
Esta satisfeita a ACP de que o seu labor faga recúar a un goberno que amosou xa que non lle interesa o máis mínimo esta festa. Reacciona porque non lle queda máis remedio a «rebufo» das críticas da oposición e de moitos veciños. Xa se fixo un dano enorme á festa coa incertidume e ao non incluir o evento no programa de festa. Agora, alomenos, esperamos que haxa acordo na xuntanza do lunes 1 de xullo, e que a festa se celebre, «salvando os mobles».
Resulta ademais sorprendente que dende a xuntanza do 20 de xuño cos churreiros/as ata o día de hoxe o goberno permanecera impasible pasando de todo e dando así orixe a todo tipo de comentarios que dividen aos veciños. Tamén resulta indicativo da desunión do goberno o feito de que o 20 de xuño comparecera na reunión para presidila só a tenente de alcalde nacionalista, Cecilia Tarela,que non posibilitou acordo algún e agora sexa o alcalde o que reaccione ante a problemática. En fin, estamos diante dun goberno desnortado, onde non se sabe quen toma as decisións, cun alcalde que vive fóra do municipio, e que deixa as cousas sempre para última hora e cunha concelleira de cultura que brila tamen pola súa ausencia. Realmente con tres adicacións exclusivas retribuídas non se entende tanta desgana e inoperancia.
Pontecesures, 29/06/13
Luis Ángel Sabariz Rolán
0 comentarios