Resposta ás acusacións sobre o que está a suceder coa Festa do Churro.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Trata a concelleira nacionalista Cecilia Tarela de meterme no medio do problema que creou o goberno municipal cos titulares das churrerías de Pontecesures, acusándome de contaminar este tema da Festa do Churro e de que creo mal ambiente entre as churreiras e o concello.

Nada máis lonxe da realidade; este concelleiro, alarmado pola eliminación da festa no programa, denunciou con todas as súas forzas esta decisión por considerala moi negativa para o concello, para os titulares das churrerías e para os veciños en xeral. ? unha obriga da oposición denunciar estes feitos nos medios, para tratar de que un goberno totalmente ineficaz, como o que sufrimos en Pontecesures, reaccione e se celebre a festa que é o obxectivo que persigo.

Para nada tratei de influir na decisión das churreiras nin na súa postura. Nunca tratei de predispoñer a ningunha persoa ou colectivo contra o concello. Precisamente a que creou o mal ambiente foi Cecilia Tarela coa súa actitude o 20 de xuño cos artesáns do churro e un goberno municipal que non lle quere á festa, que a considera un trámite, e que non tiña unha postura clara o propio día 20 xuño, a tres semanas do evento. ¿A qué estiveron esperando para ter a reunión? ¿Por que foi só á cita Cecilia Tarela sen poder de decisión?. ¿Por que o goberno estivo cruzado de brazos dende ese día sen decidir nada?.

Non dí a verdade a Sra. Tarela en canto ao cartel da festa. ? certo que a Festa do Churro tivo un cartel específico noutras edicións, pero sempre, a maiores, foio incluído na programación xeral das festas do Carmen. Quere transmitir a concelleira que a festa ía celebrarse igual, pero entón, ¿Por que o 21 de xuño ordenou á comisión organizadora das festas que se retirase a Festa do Churro 2013 do programa xeral das Festas do Carme?.

En fin; seguen os despropósitos do goberno local. Agora resulta que se trata de culpabilizar da situación creada por eles a este concelleiro. Cada vez estou máis convencido: Se non chega a ser polo malestar das churreiras e polas denuncias da oposición quedabamos sen Festa do Churrro. Seguro.

Pontecesures, 30/06/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


7 comentarios

pequecho · 1-07-2013 a las 13:14

Tes toda a razon Sabariz, en ningun momento incitaches ou presionaches as churrerias, dou fe deso, xa que eu fixen acto de presencia nesa reunion, son achegado as churrerias y soliñas fixeron de que se coñecera o contido da reunion.Xa que o concello e a tenente tarela decian que pediamos cantidades sendo mentira. Da gusto ver alguen da oposicion interesarse polo pobo incluindo a toda a xente que nos da o seu apoio. Moitas grazas a ti a todos os cesureños que nos fan sentir participes de este pobo e esta festa.

pequecho · 2-07-2013 a las 12:03

La fiesta del churro de este año no se celebrara, ya que ninguna de las churrerias que participan llegan a un acuerdo con el concello.Las churrerias nos sentimos totalmente abandonadas ya que la organizacion se hizo tarde y mal, en la reunion de ayer mas de lo mismo pasotismo total por parte de los que gobiernan, tienen la cara de decirnos que para las fiestas del carmen se dieron 8000? por parte del concello, y para la fiesta del churro cero papatero. El año pasado ya notamos aun asi haciendola gratis, que no les gustaba que hiciesemos la fiesta ya que ni un agradecimiento ni un agua ni nada. Damos las gracias a todos los vecinos y vecinas por el apoyo recibido.

pulga · 2-07-2013 a las 13:13

Que se deixen de tonterías. Non lles interesa a festa e punto. Ahora, ¿que van a botarlle a culpa os churreiros? Cecilia quixo cargarse a festa da lamprea e casi o consigue, ahora tocalle a dos churros. e despois xa pensara cal sera a seguinte. Esa muller sobra no concello. Damonos conta todos menos os que estan o redor dela. Non sei o que falaron na reunion pero eu penso que menos que pagarlle o material.
Para meu pensar, ( e solo unha opinion personal) meteron a pata na festa desde o primeiro ano nun solo detalle. Deberon de poñer un precio simbolico para comer os churros. Así no se verian tirados nas papeleiras e no chan solo por ser gratis. Despois no resto creo que esa festa é un simbolo para Cesures por dicilo de algunha forma. Animo a todos os churreiros, que esta claro que ahora van a por vós.

Cara de cona · 2-07-2013 a las 20:55

Ostras….como estan as churreras ¡…un cabreo de carallo…….esto e serio….bandos do alcalde nas ruas….chamandolle peseteras…mi madriña….e o goberno co trio A cocha-Roque-Cordo cobrando…….o goberno perde o norte……a Cecilia con silla de mando na alcaldia……vano pagar caro….non teñen razon ningunha….os cartos nosos para as orquestas….ás churreras que lle den…..esto e novedoso…ponse interesante…..cando lle vaian pedir o voto….van sair escopetados o bloque e os outros do goberno……o sea cobra a asociacion de Ferriño dos coches 9000 euros……………fanlle a porta gratis este ano no pabellon….e as churreiras….nin auga….¡Viva as churreiras!…eu xa non dou po Carmen….que ben me senta un bo churriño…jo…jo…jo….

pequecho · 2-07-2013 a las 23:39

Oxe o concello de Pontecesures sacou un bando no que soamente di mentiras, non sei como teñen esa cara, no na teñen para decirnolo a nos pero xa o aclararemos, iso todo que estan a dicir soamente se cobrou dous anos, asi que non enganen á xente, o resto dos gastos non sei de onde os sacaron, pero eles do que teñen que falar e do que cobraron ás churrerías,pero non din cantos anos estas o fixeron gratis. E eses 8000? ainda que fose asi (Que non o é) prefiren metelos nunha orquesta para o Luns e para a festa do Churro nada. As churrerías aparte de mercancías teñen que pagar o seu traballo,xornais dos empregados, seguros de responsabilidade civil,seguros de operarios e con esta Crise soamente dicimos que gratis non se pode facer. En ningun momento falamos de cifras simplemente dixeron que as cousas estaban coma o ano pasado ( GRATIS ) e nos dixemos gratis no,podian ofrecer algo estabamos dispostos a baixar mais o prezo pero nin se interesaron, son uns mentireiros jamas se falou de cartos, nos non estamos dispostos a facela outravez como eles din (Gratis) E sacan un bando con cifras do 2010 – 2011 non teñen vergonza nin donde agarrarse que cifras son esas, que saquen as faturas que cobramos nos o ano pasado como eles din, mintireiros, oxe xa fixemos unha entrevista coa television para aclarar o tema xa que estes non se prestan para nada,e quixera saber si a diputacion dou pa festa do churro e eles din que no, e o concello dalle a comision de festas do carmen 8000? e nin o concello nin a comision coutou con nos para nada dixeron que na querian.

hai moito rollo · 2-07-2013 a las 23:46

Veciños e veciñas de Pontecesures non nos basta que Cecilia Tarela terxiverse a información da reunión do día 20 que agora temos que aguantar as mentiras do señor alcalade. Onte pola tarde foi convocada outra reunión coas churrerías e apenas se mostrou interese ningún pola festa do churro, o único que se falou da boca do alcalde foi que por parte do concello só pagaban as mercancías e en resposta as churrerías dixeron que así non a podían facer, non se falou nin de cifras nin por canto a farian por segunda vez. Preguntóuselle ao alcalde se o concello aportaba algo para as festas do Carme e el respondeu: sí, con 8000 euros. Algunha das churrerías ó oílo reprochoulle como se pudo olvidar da festa do churro, que pertence á festa do Carme e por exemplo que poideron deixar algo dos 8000 euros para axuda da festa do churro ou algo similar,respondendo o alcalde que sería boa opción sen dar pé a mais conversación. En ningún momento o alcalde nos preguntou se faríamos a festa igual polo prezo de anos anteriores como publicou hoxe nos bandos expostos polo pobo adiante. Como dixen noutro comentario sobre Cecilia Tarela, afirmo o mesmo sobre o alcalde, como podé exercer este señor de alcalde mentindo sobre tal cousa.
REPITO: NON SE FALOU DE CIFRA ALGUNHA NEN SEQUERA DO QUE QUERIAN COBRAR AS CHURRERÍAS.
¡Outro político corrupto en canto a mentir na información aos veciños!

Rosa · 3-07-2013 a las 08:21

Que sinvergüenza el Alcalde que tenemos en este pueblo, no se presenta en el Ayuntamiento para nada pero si se presenta para firmar bandos sobre la fiesta del churro diciendo mentiras y intentando engañar a la ciudadanía solamente con el propósito de quedar de santo y salvaguardar su espalda.
¿Es tan difícil contarle al pueblo votante la verdad?

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.