Xa era hora; o venres día 5 de xullo seleccionase ao educador/a familiar do Concello de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

En varias ocasións solicitou esta contratación á ACP pois o servizo quedou interrompido polo goberno local de Pontecesures ao rematar 2012 e xa era coñecido que a Deputación Provincial ía conceder para este ano tamén a subvención correspondente para o programa de educación familiar.

Incluso presentouse unha moción no pleno de maio (rexeitada cos votos dos integrantes do goberno local, por certo) para a posta en marcha inmediata do servizo pois se estaba a prexudicar ás familias máis necesitadas do municipio por parte do executivo coa súa demora.

Pois ben; logo da presentación da oferta correspondente por parte do concello, os/as aspirantes preseleccionadas pola Oficina de Emprego terán a proba de selección na mañá do venres, 5 de xullo, na Casa do Concello.

Aínda que tarde, sempre é unha boa nova poder contar en Pontecesures con este servizo.

Pontecesures, 03/07/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.