A ACP solicita que o Concello de Pontecesures organice un acto para lembrar o décimo aniversario de falecemento de “Borobó”.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

EL ESCRITOR RAIMUNDO GARCIA DOMINGUEZ. " BOROBO "  EN EL MUSEO DE PONTEVEDRA.

O vindeiro día 28 de agosto, cúmplese o décimo aniversario do falecemento do insigne escritor e xornalista Raimundo García Domínguez “Borobó”, nado en Pontecesures, Fillo Predilecto desta vila, e onde están depositadas as súas cinzas, no camposanto parroquial de San Xulián.

Noutros concellos van lembrar a figura de “Borobó” cunha serie de actos. Con decepción observamos que en Pontecesures non hai nada programado, percibíndose unha vez máis o labor nulo da concellería de cultura ocupada por Margarita García Castro.

Non se pode poñer a desculpa dos recortes en todo. A ACP insta ao goberno para que se organice un acto sinxelo en lembranza de “Borobó”. Unhas verbas na Casa do Concello de alguén vinculado á súa vida ou a súa obra e un par de flores na súa sepultura San Xulián sería suficiente. Os gastos disto son insignificantes, o que hai que ter é ilusión en facer as cousas e aplicar aquilo de que é de ben nado ser agradecido.

Esperemos que este goberno apático se poña as pilas, aínda que sexa ao toque de cornetín da oposición.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.