Resposta ao alcalde sobre os actos da homenaxe a “Borobó”.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Ao non haber nada programado polo concello para lembrar o décimo aniversario da morte do xornalista e escritor cesureño Raimundo García Dominguez “Borobó”, que se cumpre o vindeiro 28 de agosto, a ACP acusou de inactividade ao goberno local solicitando un sinxelo acto na lembranza de “Borobó”.

Pois ben; ante a pobre e forzada resposta do alcalde que nanifesta que vai haber un acto o día 28 no cemiterio organizado por asociacións coa colaboración do concello, desexo matizar o seguinte:

1. Estamos a seis días do 28 de agosto e nada se coñece sobre os actos a celebrar en Pontecesures. Nin programación, nin moito menos difusión. Nada de nada.

2. Son moi respectables as iniciativas de todas as asociacións, pero o Concello de Pontecesures, que nos representa a todos os veciños, ten que ser o actor principal nesta homenaxe tomando unha clara iniciativa organizando, con tempo, un acto propio e non ir a remolque de asociacións ou colectivos. “Borobó”, é Fillo Predillecto desta vila, e o concello que o nomeou así polo seu labor xornalístico e literario debe implicarse ao máximo para lembralo e homenaxealo.

3. Da a sensación de que tanto ao alcalde, como ao goberno local, colleuno por sorpresa a iniciativa das asociacións e da oposición sobre o décimo aniversario do falecemento de “Borobó”, e agora trata de saír do paso con calquera desculpa que non convence a ninguén.

En fin; xa temos outra proba máis da deficiente xestión do goberno local. Aínda que tres dos seis membros perciben unha dedicación exclusiva, observamos que non son quenes de organizar un sinxelo homenaxe a unha figura tan representativa do noso municipio.

Pontecesures, 22/08/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.