En Pontecesures xa non temos nin plenos. Nota íntegra da ACP.
O pasado 25 de xullo o 1º tenente de alcalde, Ángel Souto Cordo, entón alcalde accidental, convocou aos integrantes da corporación e solicitou que fora suspendido o pleno ordinario, previsto para o luns 29 de xullo, polo loito oficial ditado logo do accidente ferroviario de Santiago de Compostela, co compromiso de convocar a sesión xa extraordinaria o antes posible incluindo o punto de rogos e preguntas de axustarse á normativa (naturalmente que é legal facelo). Todos aceptamos a proposta.
Pois ben; nin o alcalde accidental, que estivo ata o 9 de agosto, nin o titular ?lvarez Angueira convocaron o pleno e xa comezou setembro. Estamos ante un feito grave por varias razóns:
1. Un goberno que non respecta os compromisos asumidos coa corporación perde a credibilidade por completo. Non se conta para nada coa oposición, e para unha vez que se nos convoca os acordos quedan en papel mollado. Da a sensación de que se aproveitou unha desgraza para enganarnos a todos.
2. Non lembra este concelleiro que nunca se deixara de celebrar un pleno ordinario que ten unha data fixada por adiantado. Limítase así un dos dereitos máis importantes que temos os concelleiros da oposición como é o da fiscalización do executivo nos plenos ordinarios coas quendas de rogos e preguntas.
En fin; que a desidia xa bate récords no executivo local. Este grupo solicitou que pudera falar o público ao remate das sesións. O goberno negouse. Tamén solicitou que se arranxara a megafonía para que o público escoitara ben as intervencións dos seus representantes nas sesións. Tampouco foi arranxada a megafonía. E agora, dando un paso máis, nin plenos temos. Como sigamos así van destinar o salón de sesións a outros usos alleos ás reunións do organo colexiado.
O sexa que o goberno que ten máis concelleiros cobrando exclusivas en toda a historia de Pontecesures, non convoca nin as sesións plenarias obrigatorias por lei. Lamentable.
Pontecesures, 02/09/13
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures
0 comentarios