Tito Spaguetto fixo escala en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

“Hice Vigo/Madríd caminando. Ahora recorro España a pie actuando en los pueblos del camino, sin miedo. Acción/Reacción”. Esta é a carta de presentación de Tito Spaguetto, o cómico quke escenifica un papel nas vilas do Camiño de Santiago para gañar a vida e que o pasado venres fixo escala en Pontecesures para representar a peza de teatro peregrino “DreamWalkman” que xe puideron admirar moitas localidades que atravesa o Camiño de Santiago.
Logo de toda unha vida actuando, agora interpreta o esu papel máis logrado. Un papel que lle fai voltar a vista atrás, a ese cómico anónimo que ía andando polos pobos para ter un medio de vida e un proxecto cultural con que sacar adiante os seus fillos e a súa vida cómica.
Spaguetto da fe da súa particular peregrinaxe no seu blog, onde confesa que a súa chegada a Pontecesures desatou “mi lado impertinente”, pero que “después he vuelto a la normalidad y he recorrido el pueblo sin esperar nada, la mejor manera de recibir todo, y me he encontrado con alguna buena sorpresa” como un cano da fonte da Plazuela, onde actuou para un grupo de veciños, ou o Alfolí, o almacén do sal do ano 1700.
“Llegó el momento de actuar y me relajé, da igual la razón, y relajarse es muy malo, sobre todo cuando tienes que actuar, y claro está, la actuación fue pobre, quizá de las peores que he hecho, así que toca disculparse ante el público y ponerse las pilas”, confesa o pallaso que lamenta que algunha xente do público non quedara ata o final da actuación e por iso pide desculpas no seu blog.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.