Festividade do Pilar en San Xulián

Publicado por Antonio Cortés o

Os cultos na honra da Virxe do Pilar comezan hoxe coa misa e a novena ata o día 11 de outubro (sempre ás 19 horas na capela). Oficiará as misas o párroco de Pontecesures, Arturo Lores Santamaría.

O día 12 de outubro pola mañá terá lugar o pasarrúas a cargo do grupo folclórico Algueirada de Pontecesures. Ás 12 horas comezará a misa solemne cantada pola Coral Polofónica Pontecesures. Ao remate sairá a procesión pola rúa do Pilar de San Xulián e a continuación actuará o grupo Algueirada.

Os actos están organizados pola Asociación de Veciños de San Xulián e o custo da misa solemne é afrontado por Honorina Balseiro Pardal.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.