Adxudícanse actuacións de aforro enerxético en varios edificios municipais de Pontecesures por 60.000 euros

Publicado por Antonio Cortés o

old-street-lamp-1429556-mA Deputación de Pontevedra adxudicou o 4 de outubro, na súa Xunta de Goberno, varias actuacións de aforro enerxético en edificios municipais de Pontecesures á empresa Genial Soluciones por 59.160 euros.

Os traballos consistirán na substitución de numerosos elementos de iluminación, cambiando as lámpadas incandescentes e tubos fluorescentes por lámpadas e tubos de baixo consumo.

As substitucións terán lugar no campo de fútbol, na escola taller, no club náutico, na Casa do Concello e no colexio público.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.