Plan marco Programa de mellora de camiños de titularidade municipal

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

O equipo de Goberno do Concello de Pontecesures pretende levar a cabo unha actuación de ampliación e mellora en cinco camiños municipais, actuacións necesarias para mellorar o funcionamento e a seguridade dos viais sobre os que se vai actuar, mediante a presentación dun anteproyecto dentro do Plan marco do AGADER, ??Programa de melloras de camiños de titularidade municipal?.

As obras consistirán na mellora do firme e na ampliación da sección viaria de cinco camiños, naquelas zonas onde máis necesidade exista polo estado actual dos pavimentos.

As zonas de actuación son as seguintes:

1)    Rúa Forneiras- Curva

Prevese ampliar a anchura da zona pavimentada, nunha franxa de 1 metro por 28 metros de largo, no interior da curva. Deprazarase a cuneta existente cara o interior.

Con esta actuación preténdese mellorar a seguridade nunha curva onde o largo actual do vial resulta perigoso para o cruzamento de vehículos.

Forneiras-curva

2)    Rúa Forneiras- Tramo Inicial

Colocarase unha canalización de PVC, ? 315 mm, duns 12 metros de lonxitude. Sobre eses 12 metros completarase o asfaltado actual do camiño. Nos seguintes 15 metros, asfaltarase unha franxa de 1 x 15 metros, pola marxe este. Colocarase un sumidoiro para recoller as augas pluviais e levalas ata o tubo instalado. O tubo envolverase con formigón.

Con esta actuación tamén se pretende mellorar a seguridade viaria, ampliando o largo do vial, evitando o  risco de accidentes pola proximidade dunha cuneta con bastante fondo (no tramo que se prevé canalizar) e encauzando as augas pluviais para que non discorran polo firme.

Forneira-tramo inicial

 

 

3)    O Souto

Prevese aplicar unha nova capa de rodadura, duns 460 m², así como facer un alcorque circular entorno á palmeira existente.

Trátase de mellorar a seguridade do firme, que está moi deteriorado, e ordenar o tráfico e protexer a palmeira que quedou no medio da zona asfaltada dun cruzamento de camiños.

O Souto1O Souto2

 

4)    Rúa Fontaíña

Os 160 metros de vial, uns 560 m², pavimentaranse cunha capa de asfalto sobre o formigón actual.

Trátase de mellorar a seguridade e a funcionalidade do vial, dotándoo dunha capa de pavimento asfáltico sobre o actual pavimento de formigón, que está moi deteriorado, con numerosas roturas e sucesivas reposicións das gabias de servizos que se foron abrindo desde fai moitos anos.

Fontaiña

5)    Condide

No camiño de Condide, que sirve de acceso ao cemiterio municipal, prevese anchear a súa sección nunha curva pechada onde resulta complico o paso de autobuses, mediante a ampliación do largo do vial polas dúas marxes. Polo lado este será preciso executar un pequeno muro de pedra do país,xa que a parcela cara a que se produce o ancheamento está a unha cota máis alta.

Entre a superficie ampliada e a de reposición do asfalto actual, realizaranse uns 395 m² de asfaltado.

Preténdese mellorar a seguridade e a funcionalidade deste tramo do camiño de Condide, que presenta unha especial dificultade para os autobuses e os coches fúnebres no seu camiño ao cemiterio, debido a que á forte pendente e á curva pronunciada únese o feito de que o pavimento está bastante deteriorado.

Condide1Condide2

6)    Rúa do ensanche

Nun tramo duns 40 metros de lonxitude por 6 de largo (240 m²), aplicarase unha nova capa de asfalto sobre a existente.

Trátase de mellorar a seguridade viaria mediante a reposición dun firme deteriorado.

Ensanche

Ascende o presuposto xeral por contrata (IVE incluído) á cantidade de 37.776,85 ?.

 

Categorías: Concello

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.