A deficiente iluminación do pavillón de Pontecesures dificulta a práctica deportiva.
Dende hai uns 6 meses hai luminarias afundidas no pavillón sen que o goberno local fixera nada para encargar a súa substitución por outras novas. Ao parecer, arguméntabase polo executivo que era inminente a execución dunha obra de aforro enerxético por parte da Deputación que ía dotar de novas luminarias ao pavillón. e por iso non se cambiaban as luces afundidas por outras do mesmo tipo.
Efectivamente a Deputación adxudicou esta actuación (que inclúe o aforro enerxético noutros edificios municipais) a unha empresa o 4 de outubro, pero da data dos traballos non sabemos nada de nada.
A situación xa é límite pois aínda que a iluminación central funciona ben, na lateral, a máis antiga, só funcionan 4 das 16 luminarias do recinto e así aprecianse espazos obscuros nas canchas con notables dificultades para os adestramentos ou para os encontros de fúbol sala, baloncesto, e outras disciplinas. Neste tempo de menos luz natural, e con máis partidos de noite, córrese un serio risco de suspensión de algúns encontros federados por falla de luz suficiente coa sancións correspondentes para os nosos clubs por parte dos comités de competición.
Non se entende que un goberno municipal e, máis un concreto, un concelleiro de deportes, Roque Araújo (o único con adicación exclusiva remunerada en toda a historia de Pontecesures) non ordene a simple substitución dunhas luminarias no pavillón que se veñen afundindo paulatinamente dende abril de 2013. ? moi doado falar de recortes noutras administracións públicas e logo desprecuparse así do deporte e dos deportistas do noso municipio.
? curioso; para un evento alleo ao deporte celebrado en xuño pasado, o concello gastou máis de 2.000 euros en abrir un oco e colocar unha nova porta nun dos fondos do recinto, xustificando a alcaldía o investimento en que, entre outras cousas, ía posibilitarse a entrada da maquinaria para cambiar os puntos de luz, para o que antes había dificultades. Pois ben; a porta abriuse pero luminaria non se cambiou ningunha. Lamentable.
Esperemos que esta deficiencia sexa corrixida en breve para ben de todos.
Pontecesures, 31/10/13
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures
4 comentarios
javahacks · 2-11-2013 a las 13:19
Saba, explica a diferenza entre escribir como «Redacción» e escribir co teu nome, porque estamos nas mesmas, e eu creendo que o deixabas jaja
Cara de cona · 2-11-2013 a las 19:24
Como redaccion…..ou como sexa….o saba sigue na loita…..a verdade e que no pabellon non se ve un carallo…….a nota esta cojonuda…….o roque cobrando…..e aos deportistas que lle den……parece que solo hai ludoteca…..hasta os huevos…..non hai dia sin clase que non haxa lodoteca……hai o que se fai polos filliños….jo…jo…jo…
sobreiras · 4-11-2013 a las 20:22
E logo a presidenta do baloncesto que fai, si non se ve no pabellon, habera que pedir no concello que se vexa, non esta sempre co concellal Cordo, pois que reclame
Rainbow · 10-11-2013 a las 23:33
Ramas no puerto… iluminación precaria no pabellón… Que pequeno pobo e que gran desorganización