A ACP felicítase de que as deficiencias do ximnasio do CPI de Pontecesures estean en vías de solución.

Publicado por Redacción o

Despois de todos os problemas que están a xurdir co estado da cuberta do ximnasio do CPI Pontecesures con pingueiras que danaron o solo de madeira o que obrigou hoxe a suspender as actividades docentes na instalación, e logo das queixas da comunidade educativa e desta forza política solicitando o arranxo de dita cuberta, temos coñecemento agora de que a Xefatura Provincial de Educación comprométese a solucionar o tema de cuberta mentres o concello anuncia que vai arranxar o solo de madeira en canto a Xunta acometa a súa obriga (o concello tamén vai colocar mañá varias pezas de madeira de xeito provisorio para que actividade se reanude aínda que sexa baixo mínimos).

O ACP felicítase do acordo, aínda que sexa a “toque de corneta” das queixas, pero critica a demora na solución deste tipo de asuntos. Cunha nula planificación houbo que esperar a que viñeran as choivas para que as administracións atopen solucións nun problema que leva tanto tempo sen resolverse. Agora nos queda esperar a que as obras estean executadas canto antes, anunciando que a ACP estará moi pendente deste tema que preocupa á comunidade educativa.

Pontecesures, 06/11/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.