Coplas cantadas polo coro “Cantigas e Agarimos” nas festas de Cesures o 2 de setembro de 1922.

Publicado por Redacción o

Viva Cesures que ten
o mellor porte Romano,
e de Galicia o Comercio
máis honrado forte e sano.

Válgalles Dios ós de Valga,
Dios-lles valga e lles axude
porque Valga non val nada
si non for Ponte Cesures.

Viva Loureiro
Amable para mercar cuchos;
e para facer tinallas
que viva cen anos Chuco.

O que padece de insonio
e por burro ou non saber,
porque co-as camas de Horacio
non dormirá o que non quer.

Sanza, Louro, Setecoros,
Requeixo, Ponte e Campa,
ahí tedes as seis parroquias
do municipio de Valga.

Libro de Bonifacio Suárez, voz poética ao servizo da causa agrarista.
“Cantigas e Aturuxos”.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.