Varela era meu bisavó.

Publicado por Redacción o

E dase a casualidade de que non se emborrachaba. Sí que era un pouco “jetas” e si lle encargaban levar unha empanada para Santiago, podía que non chegara.

Contaban todos os vellos que meu bisavó era moi boa persoa e collía ás leiteiras polo camiño, así como a moitos outros que non podían pagar a pasaxe… levaba gratis a todo o mundo. Contoume nunha ocasión o antigo alcalde de Pontecesures, Piñeiro Ares, que grazas a Varela pudo facerlle as beiras á que foi logo a súa muller.

Varela, meu bisavó, era de Trabanca Sardiñeira (Vilagarcía) e certamente o traxecto Carril -Cornes leváballe un feixe de horas, sobre todo porque era faladoiro e non se privaba de facer paradiñas para falar ou subir a calquera ao tren.

Dificilmente podía deixar a ninguén en terra porque sempre ía tarde.

COMENTARIO Á ENTRADA SEGUINTE SOBRE “O TREN DE VARELA”.

El Correo Gallego

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.