Unha velada de libros na biblioteca de Pontecesures.
A Biblioteca Municipal de Pontecesures invita aos rapaces e rapazas de 9 a 11 anos do concello a pasar unha noite distinta. Dentro do programa ??Ler conta moito?, anímase aos rapaces a disfrutar dun contacontos e da lectura compartida de libros cos amigos. A actividade desenvolverase das 9:30 da noite do sábado 27 ata as 9:30 do domingo, e os nenos deberán ir provistos do correspondente saco de dormir. Tras unha velada intensa de historias, os rapaces repoñerán forzas con almorzo ofrecido polo Café Bar Galicia.
O número de prazas para esta actividade é de 25, e a inscrición pode realizarse na propia Biblioteca Municipal de Pontecesures, en horario de tarde.
Fraccionamento do pago do imposto de bens inmobles (IBI) do ano 2013.
O ORAL, servicio da Deputación de Pontevedra encargada da xestión do cobro do imposto de Bens inmobles (IBI) vai poñer ó cobro os recibos na primeira quincena de agosto. Este ano hai a posibilidade de fraccionar o pago en 2 pagos (o 1º na primeira quincena de agosto, e o 2º na primeira quincena de outubro).
Para elo deberán solicitalo por escrito nun modelo de solicitude que poderán recoller nas oficinas do concello de Pontecesures, e unha vez cuberto envialo a dito organismo.
O prazo de solicitude remata o vindeiro de 10 maio.
Matizacións sobre a nota do goberno local relacionada coa Festa Lamprea 2013.
Nas dez edicións da Festa da Lamprea de Pontecesures nas que este concelleiro tivo responsabilidades de goberno (2000, 2001, 2002, 2003, 2004, 2005, 2008, 2009, 2010 e 2011), aínda sen dedicación exclusiva, traballei con ilusión para potenciar a través da festa, o consumo dun produto exquisito da gastronomía galega e fundamental para a economía de Pontecesures. Así en ditas edicións houbo moita publicidade, filmáronse programas de radio e televisión en medios autonómicos e nacionais, houbo concursos gastronómicos sobre o cociñado da lamprea de importancia, pregoeiros de prestixio, animacións musicais variadas, carpa ampla nun espazo perfectamente acondicionado, persoal das escolas de hostalería no reparto das racións, restauradores de categoría nos xurados dos concursos….. Houbo tamén novidades nas edicións (despacho de racións tamén nos establecementos de hostalería do municipio nas primeiras edicións, servíronse pinchos de lamprea hai catro anos, potenciáronse as empanadas de lamprea da localidade, etc…) En fin; traballábase con ilusión facendo todo o posible para que a degustación da lamprea, tanto o día da festa como como nos tres meses e medio da campaña de pesca, fora un motivo fundamental para dar a coñecer Pontecesures e os seus recursos. O actual alcalde, co que estiven en seis edicións, pode corroborar perfectamente o que afirmo.
Nesta edición de 2013 a festa devaluouse moitísimo. O goberno local esperou a última hora para ocuparse dun evento pretendendo sempre encargar a organización a toda costa a outros para desentenderse dos traballos. Sí tratou o actual goberno de criticar, ante os veciños e ante a opinión pública en xeral, os gastos de edicións pasadas para desacreditar aos gobernantes anteriores e para facer política.
Pero as edicións anteriores, bastante exitosas por certo, son auga pasada e os gastos foron asumidos polos diversos gobernos (ingresos da festa e recursos en xeral do concello). Se o goberno local non é quen de facer máís do que fixo o domingo pasado non lle pode botar a culpa a ninguén. Estamos diante de un goberno incapaz.
Se fala dos gastos de dúas edicións anteriores pero, intencionadamente, non se fai referencia ao recadado pola venda la lamprea neses anos, ás subvencións e aos donativos. Claro que este ano a festa foi moito máis barata, pero o programa non se pode comparar cos de antes. Obviamente si se fai pouco ou nada, gástase pouco ou nada.
Non desexa entrar este concelleiro en polémicas ou en guerras de cifras. Evidentemente o estado do sólo baixo a carpa foi lamentable, a actitude do goberno non cuidando este detalle trascendental imperdoable, o ambiente baixo a pequena carpa practicamente nulo, o estado de mantemento dos arredores moi deficiente, etc…E non o dí só este concelleiro, senón que foi comprobado polos veciños e polos medios de comunicación.
Arremete o goberno contra a oposición por facer a súa función. Pois o que ten que facer o goberno local é implicarse e traballar para que non sucedan estas cousas. Levan case xa dous anos no goberno e teñen tres concelleiros cobrando con dedicación exclusiva. Dende logo para presentar o evento do pasado domingo non se precisan esas ocupacións retribuídas e así, sen dúbida, teríamos un bo aforro no concello.
Xa por último, rexeitar o tono insultante da nota gubernanmental contral este concelleiro. Se pode debater, se pode discrepar, pero non é de recibo que ocupando uns cargos representativos da institución municipal, se utilicen eses termos contra un integrante da corporación.
Pontecesures, 16/04/13
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures
Contestación ó Sr. Sabariz polas críticas á XVIII Festa da Lamprea
Dende o equipo de goberno queremos contestarlle ó Sr. Sabariz as súas denigrantes declaracións sobre a XVIII Festa da Lamprea. Esperábamos un pouco máis de calidade na súa valoración da Festa.
Lamentables son as súas viles e ruíns manifestacións que o que fan é emporcallar unha festa de exaltación dun dos produtos estrela da nosa gastronomía. Este señor máis que un portavoz da oposición parece o típico bocazas que coa excusa de facer oposición o único que fai e criticar o máis mínimo detalle quizá sin decatarse (ou si) de que o que está facendo e afundindo unha vez máis a reputación da nosa vila. Exemplos temos de sobra: si un par de latas de cervexa na Prazuela, si a un veciño se lle escapan as galiñas ou as cabras, e así, infinidade de nimiedades que o único que fan e emporcallalo todo. Estamos de acordo que cada un pode facer as críticas que desexe, que este equipo de goberno ás veces comete erros e que con toda normalidade se nos pode criticar, pero de aí a que todo estea mal e que polas súas ansias enfermizas de protagonismo se dé unha imaxe lamentable e negativa do noso pobo nos medios non se pode consentir.
Entrando en detalle na súa declaración, si temos que dicir que iste ano non foi posible acondicionar coma quixeramos o terreo onde se ubica a carpa debido á cantidade de choiva que non dou tregua ata o último día da celebración da Festa (quizais tamén cree que este equipo de goberno ten a obriga de decidir sobre os fenómenos atmosféricos); ainda así na foto que acompaña a sua crítica non se denota o estado tan desastroso do chan. Non compartimos en absoluto o seu comentario sobre a falta de público, e nos gustaría saber si este señor se adicou todo o día a contar á xente para saber o número exacto de persoas que viñeron á Festa. Quizais o que lle moleste e que se vendese toda a lamprea e non sobrase como outros anos para así el poder levarse como outros anos unha cazola con 3 lampreas para a súa casa polo ??módico? precio de 12?. Outro tema é o do tamaño da carpa, xa que é completamente falso que fose máis pequena que o ano pasado, que tiña exactamente os mesmos m2. Falando da carpa preguntámonos por qué na súa nota non nos conta que na edición anterior este equipo de goberno tivo que asumir o coste da carpa da XVI Festa da lamprea organizada polo anterior goberno do que este señor era Tenente Alcalde por un importe de 5.546? e a comida dos colaboradores da Festa por un importe de 864?.
E por último preguntarlle ó señor Sabariz qué é o que ve de negativo de que se conseguise facer a Festa da Lamprea cun presuposto de 5.000? + IVE (incluindo a Festa do Comercio local) cando nas 2 últimas edicións feitas polo anterior equipo de goberno o presuposto na XV Festa da Lamprea foi de 33.544,51? e na XVI Festa da Lamprea foi de 42.563,16?.
Que nos explique qué diferencias significativas atopou entre esas dúas edicións e a actual, máis alá da capacidade deste goberno de organizar a Festa da Lamprea e a Feira do Comercio Local, co mesmo éxito de público e cun coste un 88% menor.
El tripartito arremete contra los que critican la Festa da Lamprea.
Un vecino limpia con un pañuelo la silla en la que quería sentarse, en el recinto donde se hizo la fiesta de la lamprea.
El tripartito arremete contra los que critican la Festa da Lamprea
El gobierno de Álvarez Angueira carga contra Luis Sabariz – Niegan que la exaltación del domingo tuviera tantos errores
El gobierno tripartito de Pontecesures no admite las críticas vertidas contra la Festa da Lamprea, celebrada el domingo. Después de que se dijera que hubo menos gente que nunca, que el recinto de degustación era un lodazal y que la carpa era demasiado pequeña, lo cual afecta a la imagen de una celebración que trata de promocionar un producto tan preciado como el homenajeado, en el Concello creen que los ataques solo tratan de desprestigiar esta cita.
El principal damnificado de la contestación del Concello de Pontecesures es el concejal independiente Luis Sabariz Rolán, que se sumó a las críticas de numerosos usuarios diciendo que la fiesta vale la pena, que la lamprea necesita estos y otros muchos homenajes y, también, que la organización no había estado a la altura.
Pero en el tripartito creen esas críticas “lamentables, viles y ruines”, aseguran que tratan de ensuciar la imagen de la fiesta y llegan a manifestar que el independiente “más que un portavoz de la oposición parece un bocazas que con la excusa de hacer oposición lo único que hace es criticar el más mínimo detalle, quizás sin darse cuenta de que está haciendo el ridículo y hundiendo la reputación de esta villa”.
Aunque dicen estar de acuerdo con la crítica que haga cualquiera, en el ejecutivo que dirige el nacionalista Manuel Luis Álvarez Angueira no dejan títere con cabeza. Eso si, reconocen que el recinto no pudo ser acondicionado, y lo achacan a que “la lluvia no dio tregua”.
Después de que los usuarios tuvieran que pisar el barro, tierra y piedras del firme irregular en el que se asentó la carpa, en el Concello de Pontecesures dicen no compartir las alusiones a la escasez de público, a lo que añaden que se vendió toda la lamprea, si bien no explican que, según los cocineros, eran cien piezas menos que el año pasado.
Al tiempo que aseguran que la carpa tenía los mismos metros cuadrados que el año anterior, los representantes del gobierno local presumen de haber conseguido organizar la fiesta del domingo pasado por un precio de 5.000 euros (más IVA), “cuando resulta que en la dos últimas ediciones del anterior gobierno el presupuesto fue de 33.544 y 42.563 euros”.
Una vez hecha esta alusión a la considerable rebaja de costes, lo cual puede explicar las críticas de los usuarios a la propia fiesta, en el tripartito sentencian que fueron capaces de organizar la fiesta de la lamprea y la feria del comercio local “con el mismo éxito de público y con un coste un 88% menor”.
En cuanto a Luis Sabariz, ayer volvió a pronunciarse, esta vez para insistir en que la fiesta se devaluó muchísimo y el gobierno local esperó al último momento para ocuparse del evento y dejar la organización a otros.
Lamenta las explicaciones del tripartito, pues cree que en lugar de aclarar lo sucedido el domingo están dirigidas a hacer política, y a esto añade que “si el gobierno no es capaz de hacer más de lo que hizo el domingo pasado no puede culpar a nadie, pues estamos ante un gobierno incapaz”.
Asimismo, “hablan de los gastos en ediciones anteriores, por no hablar de lo recaudado por la venta de lamprea esos años, las subvenciones y los donativos”.
Dispuesto a dejar a un lado las polémicas y las guerras de cifras, lo que hace Sabariz es insistir en que “el suelo de la carpa presentaba un estado lamentable, y la actitud del gobierno descuidando este detalle trascendental es imperdonable”.
Añade que “el ambiente bajo la pequeña carpa fue prácticamente nulo, y el estado de mantenimiento de los alrededores resultó deficiente, como pudieron apreciar tanto los vecinos como los medios de comunicación”.
Para terminar, el concejal independiente alega que “lo que tiene que hacer el gobierno es implicarse y trabajar para que no sucedan estas cosas en lugar de arremeter contra la oposición”.
FARO DE VIGO, 17/04/13