Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Cultura

Unha velada de libros na biblioteca de Pontecesures.

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

 

noite na biblioteca 2013 web

A Biblioteca Municipal de Pontecesures invita aos rapaces e rapazas de 9 a 11 anos do concello a pasar unha noite distinta. Dentro do programa â??Ler conta moitoâ?�, anímase aos rapaces a disfrutar dun contacontos e da lectura compartida de libros cos amigos. A actividade desenvolverase das 9:30 da noite do sábado 27 ata as 9:30 do domingo, e os nenos deberán ir provistos do correspondente saco de dormir. Tras unha velada intensa de historias, os rapaces repoñerán forzas con almorzo ofrecido polo Café Bar Galicia.

O número de prazas para esta actividade é de 25, e a inscrición pode realizarse na propia Biblioteca Municipal de Pontecesures, en horario de tarde.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.