A Casa-Museo de Rosalía expón o único retrato pintado en vida que se conserva da escritora.

Publicado por Redacción en

cro

A Casa-Museo de Rosalía de Castro, en Padrón, expón nunha das súas salas o único retrato pintado en vida que se conserva da escritora, obra de Modesto Brocos, ademais de varios mobles que perteceron a súa familia. Todo elo, xunto con cinco pinturas de Ovidio, fillo de Rosalía, foi cedido pola Deputación de A Coruña a fundación rosaliana e esta mañá os responsables de ambas institucións asinaron o convenio que así o reflexa.

O presidente da Deputación, Diego Calvo, aproveitou o acto para visitar a Casa-Museo de A Matanza, tendo como guía ao responsable da Fundación Rosalía, Anxo Angueira. Estiveron acompañados polos alcaldes de Padrón e Rois e por patronos da institución padronesa.

Tanto Diego Calvo como Anxo Angueira destacaron a importancia da cesión dos bens, en especial do retrato de Rosalía xa que, como dixo o presidente da fundación padronesa, supón a «volta a casa» da poetisa, que foi pintada cando residía en Lestrobe.

«?nchenos de orgullo e de emoción ter este cadro na Casa de Rosalía», asegurou Anxo Angueira.

Pola súa banda, Diego Calvo dixo que era un acto de «xustiza» ceder o cadro a fundación rosaliana para a súa exposición en Padrón, como primeiro paso para «estreitar a colaboración» entre ambas institucións. «? aquí onde estas pezas cobran o máximo sentido», afirmou Calvo.

O retrato de Rosalía, o sofá e dúas butacas que perteceron a súa familia e máis cinco paisaxes pintados polo seu fillo Ovidio Murguía estaban expostos ata o de agora no Pazo de Mariñán.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.