Nota sobre a visita do delegado territorial da Xunta ao CPI Pontecesures.

Publicado por Redacción en

Polos medios de comunicación coñeceu este concelleiro a nova da visita do xoves do delegado territorial da Xunta e do xefe territorial de Educación en Pontevedra ao CPI de Pontecesures para comprobar «in situ» a importante obra de renovación da cuberta do ximnasio do colexio realizada pola administración autonómica no pasado Nadal. Lémbrase que as numerosas pingueiras afectaban negativamente ao desenvolvemento da actividade docente no ximnasio e iso motivou varias queixas do concello, da comunidade educativa e da formación política que represento.

Agradece este concelleiro a Educación o investimento, e lamenta que o goberno local non convidase a esta visita aos representantes de todas as forzas políticas que integran a corporación. Outra actitude de desprecio  para con este concelleiro que durante os case quince anos que leva na corporación, (e durante outros doce nos que presidiu a ANPA), implicouse sempre a fondo na mellora das instalacións do CPI Pontecesures sin percibir retribución algunha por dedicacións exclusivas como as que cobran agora tres integrantes do grupo que nos goberna. Pero xa non é só pola actitude denunciada,  impideuse a este concelleiro plantexar cuestións de interese para a comunidade educativa ás autoridades autonómicas.

En fin: a visita xa tivo lugar e agora só queda informar aos veciños, que a ACP estará atenta para que a renovación do pavimento do ximnasio do CPI Pontecesures comprometida polo concello se realice canto antes. A Xunta cumpriu coa cuberta pero o Concello non cumpriu todavía co solo. Haberá que estar vixiantes.

Para rematar, dicir que non se entende que as chapas da cuberta do polideportivo municipal, situado a carón do colexio, caidas a principios de xaneiro por mor dos temporais non esten repostas nestas datas. Está ben pedir axudas a outras administracións, pero esta é unha instalación totalmente municipal e a renovación dunhas cantas chapas da cuberta ten que ser acometida de inmediato pois do contrario pronto pode haber filtraccións de augas con pingueiras, ocasionándose problemas para a práctica deportiva no recinto. Unha das tarefas básicas dun goberno municipal é acometer as tarefas de conservación dos seus bens. O de Pontecesures, coa ineficacia de sempre, queixase dos recortes noutras administracións,  pero non actúa botándolle a culpa das deficiencias sempre aos demais.

Pontecesures, 22/02/14
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.