A ACP lamenta que se convoquen plenos en horario de mañá onde as ocupacións de concelleiros sen dedicación exclusiva dificultan a asistencia ás sesións. ? un pleno, o do xoves 20 de marzo ás 13:15 horas, que ten a súa importancia porque vaise debater sobre o servizo de axuda no fogar e o incremento de tarifas (hai unha suba do prezo/hora de referencia) que propón o goberno municipal nestes intres de dificultades para as familias.
Xa chama a atención de entrada, que o concello espere a última hora para adaptar as ordenanzas municipais de axuda no fogar ao Decreto 149/2013 da Consellería de Traballo e Benestar que foi publicado o 24 de setembro de 2013. A disposición final cuarta do decreto concede un prazo de seis meses para adaptar a ordenanza municipal e esta norma, e este remata o 25 de marzo. Pois ben; un goberno cun concelleiro de servizos sociais cobrando unha dedicación exclusiva non pode ter esta pasividade. Nin se informa de nada á oposición nin se actúa en todo o tempo que houbo dende a entrada en vigor da norma autonómica. Agora, con presa, convócase un pleno de mañá e nin sequera van entrar en vigor as ordenanzas no prazo concedido pois aínda hai que expoñelas ao público para alegacións antes da aprobación definitiva. Esperemos que a Xunta considere que coa aprobación inicial dentro dos seis meses é suficiente.
Pontecesures, 18/03/14
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures
El dirigente popular considera «incomprensible» que el evento no se celebre este año La celebración de la tradicional Festa da Lamprea en Pontecesures vuelve a quedar en el aire por tercer año consecutivo, una situación Ler máis
El portavoz del Partido Popular en Pontecesures, Manuel Vidal Seage, hace un llamamiento a la movilización social para recuperar, si es posible esta misma primavera, la Festa da Lamprea tras su cancelación por tercer año Ler máis
Este año tampoco se celebra. El Concello limita la exaltación a la ruta de tapas en seis locales. La oposición también critica el «desinterés» del bipartito. A pesar de la abundancia de producto en el Ler máis
0 comentarios