A ACP lamenta que se convoquen plenos en horario de mañá onde as ocupacións de concelleiros sen dedicación exclusiva dificultan a asistencia ás sesións. ? un pleno, o do xoves 20 de marzo ás 13:15 horas, que ten a súa importancia porque vaise debater sobre o servizo de axuda no fogar e o incremento de tarifas (hai unha suba do prezo/hora de referencia) que propón o goberno municipal nestes intres de dificultades para as familias.
Xa chama a atención de entrada, que o concello espere a última hora para adaptar as ordenanzas municipais de axuda no fogar ao Decreto 149/2013 da Consellería de Traballo e Benestar que foi publicado o 24 de setembro de 2013. A disposición final cuarta do decreto concede un prazo de seis meses para adaptar a ordenanza municipal e esta norma, e este remata o 25 de marzo. Pois ben; un goberno cun concelleiro de servizos sociais cobrando unha dedicación exclusiva non pode ter esta pasividade. Nin se informa de nada á oposición nin se actúa en todo o tempo que houbo dende a entrada en vigor da norma autonómica. Agora, con presa, convócase un pleno de mañá e nin sequera van entrar en vigor as ordenanzas no prazo concedido pois aínda hai que expoñelas ao público para alegacións antes da aprobación definitiva. Esperemos que a Xunta considere que coa aprobación inicial dentro dos seis meses é suficiente.
Pontecesures, 18/03/14
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures
O Concello de Padrón lamenta profundamente o falecemento de 𝐀𝐧𝐚 𝐁𝐞𝐥𝐞́𝐧 𝐂𝐚𝐬𝐭𝐫𝐨 𝐆𝐚𝐫𝐜𝐢́𝐚, concelleira do Goberno municipal desde 2023. En sinal de respecto e homenaxe, o Goberno local acordou 𝐝𝐞𝐜𝐫𝐞𝐭𝐚𝐫 𝐝𝐨𝐮𝐬 𝐝𝐢́𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐥𝐨𝐢𝐭𝐨 𝐨𝐟𝐢𝐜𝐢𝐚𝐥. Ler máis
As obras na praza Ramón Tojo son froito de polémica en Padrón. O portavoz do PP, Ángel Rodríguez Conde, criticou a «improvisación total» do goberno padronés e afirmou que se trata de «a terceira obra Ler máis
Ambas actuaciones salen a licitación con un presupuesto de 22.476 euros y financiadas por el Plan + Provincia de la Diputación El Concello de Pontecesures llevará a cabo dos actuaciones para mejorar la accesibilidad, funcionalidad Ler máis
0 comentarios