Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Medio ambiente

Medio Rural avanza nas actuacións silvícolas con obxectivos ambientais no monte público Salgueiras

Por Plumilla ·

A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, e técnicos da Axencia Forestal de Galicia durante a visita ao monte de utilidade pública Salgueiras, en Pontecesures
Imaxe: Xunta de Galicia

A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, visitou hoxe o monte de utilidade pública Salgueiras, en Pontecesures, onde se están a desenvolver actuacións silvícolas de frondosas con obxectivos ambientais.

Os traballos consisten na realización de desbroces e podas nunha masa de frondosas caducifolias, composta principalmente por carballos e bidueiros. Ademais, actuouse nas faias auxiliares de pista co obxectivo de favorecer a rexeneración natural das frondosas.

Fuente: Xunta de Galicia — nota de prensa, 12/11/2026

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.