Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sociedade

O tren con parada en Pontecesures, recortado polas obras na Coruña: Catoira denunciará ante Renfe e Adif o trato de «segunda»

Por Plumilla ·

O Concello de Catoira está a recibir queixas de veciñas e veciños usuarios do tren regional a Santiago pola supresión de frecuencias e os cambios de horario derivados das obras que o Adif executa na estación da Coruña. O alcalde, Xoán Castaño, anuncia que presentará unha queixa formal ante Renfe e Adif porque os usuarios das estacións pequenas están a recibir un trato de «segunda» — e a situación tamén afecta directamente a Pontecesures, onde fan parada os servizos regionais.

Castaño explica que os cambios están a provocar «importantes trastornos» a quen usa o tren a diario para traballar ou estudar, sen que se lles ofreza alternativa —a diferenza do que ocorre noutros tramos afectados—. Cita o tren que pasa por Catoira ás 7.50 horas, moi usado polo estudantado para chegar a tempo a clase; o servizo con saída ás 15.10 desde Santiago, con anulaciones en varias xornadas; e o caso máis extremo: un tren que saía ás 6.15 e que estes días adiantou a súa partida ás 4.45, incompatible coa organización da vida diaria de boa parte dos viaxeiros.

O rexedor critica tamén que a operativa especial posta en marcha para garantir a mobilidade —sustituir o tramo ferroviario entre A Coruña e Santiago por un autobús— non teña en conta as necesidades das estacións pequenas, que se ven especialmente afectadas de xeito colateral aínda que non estean no tramo afectado. As solucións, lamenta, «céntranse unicamente» na conexión entre as principais cidades e non ofrecen alternativa aos usuarios de Catoira e tampouco aos de Pontecesures.

«Non se pode tratar ás persoas usuarias das estacións pequenas como viaxeiros de segunda. Hai xente que depende destes trenes para ir traballar ou asistir a clases e non pode cambiar os seus horarios de vida pola modificación do servizo. Se se suprime unha frecuencia ou se altera o horario, ten que haber unha alternativa que permita facer igualmente o desprazamento», abunda Castaño.

Non é o primeiro sobresalto ferroviario no corredor: en setembro, o furto de cable entre Catoira e Pontecesures xa provocou retrasos nos trens, e o estado das estacións da zona tamén motivou queixas veciñais.

Fuente: Faro de Vigo (Lucía Romero)

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.