??En Suecia apreciase a un científico como o que é; aquí sempre depende da política?.

Publicado por Redacción o

abalo

Xesús M. Abalo Piñeiro

Licenciado e doutorado en Bioloxía Molecular e Biotecnoloxía pola Universidade de Santiago en 2000. Tamén ostenta o grao de doutor europeo con Premio Extraordinario por un traballo sobre a lamprea. Ten 38 anos, fala 5 idiomas e é natural de Pontecesures. O seu currículo e os seus traballos de investigación avaláno como gran profesional. Como moitos outros mozos valores galegos, viuse obrigado a coller a maleta hai sete anos e marchar aos Países Nórdicos para desenvolver a súa actividade científica. Actualmente traballa nun proxecto de investigación na Universidade de Uppsala (Suecia) sobre a evolución do sistema visual en vertebrados e dirixe a un grupo de investigación nun proxecto baseado no peixe cebra como modelo de enfermidades visuais en humanos. O 6 de abril pregoará a Festa da Lamprea na súa vila natal.

¿Que representa para vostede ser pregoeiro en Pontecesures?

? una honra poder falar diante dos veciños dos traballos sobre a lamprea que levo facendo na última década e resalta-la súa importancia non só coma elemento de degustación culinaria, senon coma animal de experimentación.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.