RESPOSTA DO GRUPO DE GOBERNO MUNICIPAL ÁS CRÍTICAS SOBRE A XIX FESTA DA LAMPREA, POR PARTE DOS GRUPOS DA OPOSICI?N (PP, IP e ACP).
Ante as críticas vertidas nos últimos días polos tres grupos da oposición municipal sobre a organización da XIX Festa da Lamprea do pasado 6 de abril este equipo de goberno quere facer as seguintes consideracións:
A primeira medida que tomou este goberno cando chegou o poder foi suprimir a comida de autoridades. Xa que nestes tempos e un gasto excesivo e nos parece unha tomadura de pelo para o resto dos veciños.
Non quedou ningunha lamprea sen vender. 561 en tickets e o resto por pezas. Non como en outros anos que a lamprea sobrante acababa na casa dalgún concelleiro.
Ninguén marchou por non ter sitio na carpa xa que cando uns se levantaban sentabanse outros. As dimensións da carpa son suficientes, e máis tendo en conta que non hai comida de autoridades; dispoñendo dun total de 800 sillas.
Non houbo ningún tipo de desorganización respecto aos anos anteriores. Sempre se fixo o reparto do mesmo xeito. Fluía ben e os tempos de espera eran moi cortos.
A xente que traballou para esta festa estaba perfectamente organizada e sabía moi ben cal era o seu cometido, que neste caso era facer pasar un bo día á xente e que puideran degustar a lamprea que era ao que viñan.
Respecto aos charcos tamén decir que poderemos gobernar mellor ou peor pero contra a choiva e a climatoloxía nen nós nen vostedes (oposición) encontraron solucións.
Esta festa tivo de todo como en anos anteriores. Dous grupos animando a rúa, publicidade en distintos medios, bombas de palenque, catro cociñeiras como sempre, 300 lampreas para degustar, pregón, orquesta a noite…e con todo isto o seu custo ronda os 9.000 euros non como no ano 2011 (co goberno do PP, IP e ACP) no que os gastos superaron os 30.000 euros. Pregúntenlle agora aos veciños se ven tantas diferenzas dunha festa á outra para que se gasten dos petos de todolos cesureños 21.000 euros máis.
En definitiva despois da súa lamentable e patética nota os únicos que desacreditan esta festa son vostedes. Quen deixa quedar a este pobo mal unha vez máis son vostedes.
Unha reflexión: Para facer oposición non todo vale, empezen a facer unha oposición constructiva e razoable.
0 comentarios