A reposición do tellado de pavillón de Pontecesures acumula «catro meses» de retraso.
A primeiros de xaneiro desprendéronse do pavillón polideportivo de Pontecesures, situado a carón do CPI Pontecesures, unhas chapas da cuberta da instalación por mor dos temporais daquelas datas. Non houbo problemas para o desenvolvemento da práctica deportiva porque debaixo da cuberta actual están os paneis da vella á que se superpuxo a nova en 2006 polas continuas pingueiras que había no recinto.
Agora ben; resulta inconcibible que a día de hoxe, catro meses despois do desprendemento, todavía non estean colocadas as chapas translúcidas caídas. De continuar así a situación hai risco de daños na cuberta no futuro e de desprendemento de novas chapas.
No pleno ordinario de marzo, a oposición instou a que a deficiencia fora corrixida coa maior celeridade, pero dende o goberno local manifestouse que se estaba a xestionar a reparación coa compañía de seguros da instalación.
Non entende a ACP esta demora; non pode ser que en máis de catro meses non este reparado un dano, sinxelo de subsanar en apariencia.Unha vez máis esta agrupación queixase da desidia do goberno que temos. Nin as xestións nin os trámites máis elementais se realizan con celeridade.
Pontecesures, 12/05/14
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures
0 comentarios