Un goberno municipal ineficaz.

Publicado por Redacción o

Soca

Nada menos que dende setembro de 2013 leva sen solucionar o problema que representa o oco considerable que apareceu no firme da zona de carga e descarga e na beirarrúa da rúa  San Lois de Pontecesures (na intersección coa Rúa Nova). Alí permanece un valado, unha chapa de ferro no chan e agora está o bordillo levantado xa que o oco cada vez e máis grande.

As queixas da veciñanza van a máis (ruidos coa chapa, vehículos que teñen problemas para manobrar coa valla, e dificultades no paso de peóns pola beirarrúa que se estreita).

Sorprende a ineficacia do goberno local para resolver este problema no centro da vila. Por dúas veces (novembro de 2013 e febreiro de 2014), a ACP denunciou nos medios esta deficiencia pero nada de nada. Incluso agrávase o perigo, non se adoptan solucións, e parece que imos cumprir o primeiro aniversario da avaría para vergoña de todos. Esperemos que non haxa ningunha desgraza.

Pontecesures, 20/05/14

Luis Ángel Sabariz Rolán

Concelleiro da ACP Pontecesures


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.