Seguen os sacos de maleza e desperdicios na praza Ángel Doce.

Publicado por Redacción o

2014-06-01 21.41.49

Despois da denuncia da ACP sobre o estado de abandono na que se atopaba a praza Ángel Doce González na Subida a Requeixo de San Xulián, o pasado 19 de maio foi cortada a gran cantidade de maleza e acopiados os desperdicios por parte dun grupo de traballadores municipales. Pero agora resulta que levan máis de 15 días os sacos cos residuos alí amoreados sen retirar causando unha lamentable imaxe como un elemento “ornamental” da praza motivando as queixas dos veciños que non entenden a despreocupación do goberno local por estes detalles tan elementais que se solucionan nunha parte mínima da xornada laboral dos traballadores.

Xa este concelleiro trasladou a queixa no pleno ordinario do 26 de maio pero o goberno non fai nada.  Esperemos que con esta nota reaccionen dunha vez e se ordene a retirada deste sacos de maleza e desperdicios da zona con carácter inmediato.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.